CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


7402 votos
Votar | | | |


11-03-2011

Convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
A SXPL convoca subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de servizos lingüísticos ou para accións de dinamización lingüística. Estas axudas sofren unha forte redución orzamentaria de máis do 30%. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de abril


A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta publica, no DOG do 11/3/2011, a convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación, ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, en concellos ou en agrupacións de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Catro modalidades con distintas valoracións
1. Creación dun servizo lingüístico: até 90 puntos
2. Creación dun servizo lingüístico dun agrupamento de concellos: até 100 puntos
3. Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico dunha entidade local: até 85 puntos
4. Desenvolvemento de programas de dinamización en concellos sen servizo lingüístico: até 40 puntos

Maior puntuación por pertencer a unha rede que non está constituída
Unha novidade que se introduce nesta convocatoria con respecto a anos anteriores, é que entre o 25% e o 30% da puntuación, dependendo da modalidade, se dá por pertencer á Rede de Dinamización Lingüística, un organismo do que se publicou a orde de creación en setembro de 2010, mais que na actualidade non está aínda constituído. De feito, a SXPL anunciara que esta Rede se constituiría en xaneiro deste ano, mais estamos a mediados de marzo e non houbo tal constitución.
Así, desde a CTNL consideramos que, ademais de inxusto, non é lóxico conceder unha puntuación por pertencer a unha rede que, na práctica, aínda non existe e que, ademais, ten numeroso problemas.

Forte redución orzamentaria de máis do 30% con respecto ao ano pasado e de preto do 50% con respecto a 2008
A contía que a SXPL lle dedica a esta convocatoria é de 420.000 €, o que supón unha redución orzamentaria de máis do 30% con respecto á convocatoria de subvencións do ano 2010, que estaba dotada con 602.668 €, e de preto do 50% con respecto á anterior, de 2008, que estaba dotada cunha contía de 800.000 euros. Esta grave redución orzamentaria dificultará a consecución dos obxectivos sinalados na convocatoria e o cumprimento dos novos requisitos estabelecidos.

Priorizaranse as intervencións nos ámbitos do deporte, a mocidade, as tecnoloxías, a economía e os servizos sociais
A convocatoria prioriza os programas de dinamización lingüística que incidan na galeguización de instalacións, actividades e entidades deportivas, que estimulen o uso do galego na poboación máis nova, que promovan o uso do galego por parte das empresas, que fomenten o galego nas novas tecnoloxías e internet ou que potencien a lingua galega como elemento optimizador da eficacia dos servizos sociais.

O prazo de solicitude remata o 11 de abril
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, onde foi publicada a convocatoria o 11/3/2011.

Convocatoria completa en .pdf (publicada no DOG do 11/3/2011) >

Nos próximos días, a CTNL solicitaralle á SXPL a modificación dalgúns criterios desta orde.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego