CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


6376 votos
Votar | | | |


11-01-2008

Un impulso moi necesario para A Coruña

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) apoia o borrador de Ordenanza de impulso do uso do galego presentado polo Concello da Coruña e considérao coherente, moi útil, xusto e necesario para a cidade.

Despois de coñecido o borrador de Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello da Coruña presentado pola Concellaría de Normalización Lingüística, a CTNL, entidade que agrupa á gran maioría de traballadores/as de normalización lingüística no noso país, ten que expresar o seu total apoio, por consideralo un regulamento coherente, moi útil, xusto e necesario para a cidade, para o seu desenvolvemento e para o proceso de promoción social do uso da lingua galega.

Os concellos teñen a responsabilidade e a obriga sinalada na aprobada por unanimidade Lei de normalización lingüística de promocionar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais, polo que, ademais da súa galeguización e de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, tamén deben implementar políticas lingüísticas transversais activas, dinámicas e integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais. Para isto considéranse fundamentais a creación e impulso de servizos de normalización lingüística (SNL) e a aprobación de regulamentos ou ordenanzas municipais de usos lingüísticos e impulso á normalización. Esta, por exemplo, foi unha das conclusións ás que se chegou no I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña que organizou a Deputación a finais de 2007 e no que participaron representantes duns 40 concellos da provincia. Outra das conclusións dese encontro foi que o obxectivo do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais debe ser asumido por todas as organizacións políticas en todos os concellos, polo que cómpre que estes obxectivos e todas as medidas que se tomen nas administracións locais para procurar incrementar o uso e prestixio da lingua galega non sexan motivo de confrontación política nin partidaria.

A utilidade, necesidade e lexitimidade de ordenanzas como a que se quere aprobar no Concello da Coruña está avalada pola unanimidade pola que se aprobaron a práctica totalidade e con características e obxectivos idénticos en concellos galegos de todas as cores políticas, como por exemplo, entre moitos outros, Arteixo (BOP da Coruña do 3 de abril de 1998), Sada (BOP da Coruña do 28 de novembro de 2003), Ames (BOP da Coruña do 29 de agosto de 2006), Santiago de Compostela (BOP da Coruña do 15 de abril de 1999), Porto do Son (BOP da Coruña do 6 de outubro de 2006), As Pontes de García Rodríguez (BOP da Coruña do 26 de setembro de 2006), Pontedeume (BOP da Coruña do 15 de outubro de 2004), Cambre (BOP da Coruña do 4 de novembro de 2005), Oleiros (BOP da Coruña do 22 de abril de 2004), Val do Dubra (BOP da Coruña do 9 de decembro de 2003), Pontevedra (BOP de Pontevedra do 30 de novembro de 2004), Moaña (2005), Marín (2007), Vigo (1988), Ferrol (1997), e un longo etcétera.

As propostas que figuran no borrador de Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello da Coruña xa están recollidas noutros acordos aprobados por unanimidade de todos os grupos políticos galegos, como a Lei de normalización lingüística de 1983, o tamén aprobado por unanimidade en 2004 Plan xeral de normalización da lingua galega e da resolución non de lei apoiada por BNG, PP e PSdG-PSOE no Parlamento galego en maio de 2007 sobre a adopción de medidas para a normalización lingüística na Administración local.

Debido a que ese borrador de ordenanza recolle as mesmas medidas xa consensuadas por todas as organizacións políticas tanto no Parlamento galego como en moitos dos concellos do noso país, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considérase, para non retroceder nos consensos xa acadados, que sería coherente e necesario que todos os grupos políticos con representación no Concello da Coruña a apoiasen.

Na prensa:

A coordinadora de traballadores de normalización lingüística aplaude a ordenanza sobre o galego [La Voz de Galicia]

Con vinte anos de atraso [Galicia Hoxe]

O borrador de ordenanza de impulso do galego continúa recibindo apoios [Xornal]

El Ayuntamiento dictará una norma para convertir el gallego en su primer idioma [La Opinión A Coruña]

Rebelión de edís socialistas da Coruña contra o galego [Galicia Hoxe]

El PSOE considera una "imposición" la ordenanza del gallego del Bloque [La Opinión A Coruña]

Normalización quiere regular que los ediles del PSOE hablen en gallego [La Voz de Galicia]

Cargos políticos do Concello da Coruña néganse a asinar documentos en galego [Vieiros]

Los ediles socialistas no utilizarán el gallego en los actos públicos del Ayuntamiento [Wiloc A Coruña]

Paco Vázquez inspira a certos socialistas coruñeses contrarios o galego [Xornal]

Los ediles socialistas no utilizarán el gallego en los actos públicos del Ayuntamiento [20 minutos]

¿Qué piensa del borrador de ordenanza que quiere impulsar el uso del gallego? [La Voz de Galicia]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego