CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


6345 votos
Votar | | | |


04-03-2011

Convocado o II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras

II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras
Co obxectivo de recoñecer o labor dunha persoa, empresa, asociación ou entidade que, neste ano, destacase polo seu traballo na promoción e normalización da lingua galega, a Deputación da Coruña convoca por segundo ano o Premio Rosalía de Castro de Lingua, para o que se poden presentar propostas até o 31 de marzo


A Unidade Técnica de Normalización Lingüística (UTNL) da Deputación da Coruña convoca o II Premio Rosalía de Castro de Lingua 2011, un galardón que se convoca cos obxectivos de recoñecer o labor ou traxectoria dunha persoa, colectivo, asociación ou entidade de ámbito galego en xeral e na provincia da Coruña en particular, que destaque pola súa traxectoria na promoción e dignificación da lingua galega ou que saliente por actividades que impliquen o espallamento do galego no ano en curso.

Este II Premio Rosalía de Castro de Lingua 2011 non ten dotación económica. O galardón consistirá nun recoñecemento honorífico acreditativo desta distinción.

Aspectos que se valorarán
Para a concesión dos premios, o xurado, formado por representantes de distintas entidades e sectores, terá en conta criterios como a tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego; actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega; uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos; desenvolvemento de campañas de información e/ou publicitarias en galego; ou a contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Premio aberto á presentación de propostas
Para este premio, calquera persoa ou entidade pode presentar propostas para que o xurado valore, mais non se pode autocandidatar.
As solicitudes presentaranse no Rexistro da Deputación ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es.
O prazo de presentación está aberto até o 31 de marzo.

Entrega do premio na IV Festa da Lingua
A entrega do premio terá lugar no transcurso da Festa da Lingua, que neste 2011 chega á súa cuarta edición e que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o sábado 7 de maio.

Bases completas do II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras (BOP do 4/3/2011)>

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego