CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1813 votos
Votar | | | |


26-02-2011

Os/as traballadores/as de normalización reivindican o seu traballo a prol da lingua como necesario, xusto e ilusionante

Asemblea CTNL 2011
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) celebrou o venres 25, en Santiago de Compostela, a súa asemblea anual, e fixo públicas unhas resolucións nas que declara que traballa para "que os/as galegos/as poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio"


A entidade que agrupa as máis de 200 persoas que traballan profesionalmente a prol do galego consideran o seu traballo como "xusto e ilusionante", xa que o que procuran é "que poidamos chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron, e para que poidamos facelo, ademais, con total normalidade".

Deste xeito, nas resolucións que na asemblea aprobaron por unanimidade pídenlles a todas as administracións públicas galegas e, nomeadamente, á Xunta de Galicia, que "asuman a obriga e responsabilidade de proxectar publicamente e promocionar o uso e prestixio do galego nas súas accións, campañas, intervencións públicas, etc.", e que "asuman os obxectivos normalizadores acordados consensuadamente".

Responsabilidade e medidas de apoio á lingua para as eleccións de maio

De cara ás próximas eleccións municipais do mes de maio, instan "a todas as organizacións políticas a que sexan responsábeis no debate sociolingüístico", para o que lles piden responsabilidade e "que non utilicen críticas nin ataques ao proceso de normalización da lingua galega de xeito electoralista". Tamén lles solicitan "que incorporen nos seus programas medidas de apoio á lingua galega", entre as que salientan a creación ou consolidación de Servizos de Normalización Lingüística.

Reclámanlle medidas á Secretaría Xeral de Política Lingüística
Para facilitar e axudar a todas aquelas entidades, públicas ou privadas, que queiran usar e promocionar o galego, desde a CTNL reclámanlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que convoque as subvencións para a promoción do galego desde as administracións locais, as axudas para a promoción do galego desde as asociacións sen ánimo de lucro e as axudas para a promoción do galego nas empresas privadas, e que, sinalan, que "o faga o máis axiña posíbel, con recursos económicos suficientes, con criterios claros e xustos e con fins claramente normalizadores".

Nesas resolucións tamén lle piden á propia SXPL que "cumpra coa súa obriga de impulsar a creación, o mantemento e a coordinación de servizos de normalización lingüística en distintos organismos e administracións públicas", para o que, segundo a CTNL, deben reformular a proposta de creación da Rede de Dinamización Lingüística, "para que esta sexa unha ferramenta realmente normalizadora" e para que sexa "un proxecto inclusivo e verdadeiramente democrático que conte co traballo dos SNL".

En definitiva, a entidade que agrupa os/as traballadores/as de normalización da lingua insta "ao conxunto da cidadanía galega a apoiar que o noso idioma propio poida ser utilizado por todas aquelas persoas que queiran con total normalidade en todos os ámbitos e situacións", o que consideran "xusto e necesario".

Continuidade da mesma directiva e programa de traballo para 2011
Na súa asemblea, a CTNL aprobou por unanimidade o seu plan de acción para 2011, no que se inclúe a defensa dos intereses xerais dos/as traballadores/as de normalización da lingua, o desenvolvemento de diversas accións formativas e encontros, a elaboración de propostas para mellorar o proceso de normalización ou o seguimento da política lingüística das distintas administracións.

Con respecto ao equipo directivo, continúa como presidente Nel Vidal, como secretaria Rosa Moreiras e como tesoureira Anxos Sobriño. Nos vogais só houbo un cambio, coa incorporación de David Cobas en substitución de Concha Diéguez. Polo demais continúa Iván Méndez, Dores Sánchez, Anxo Otero, Pepe Blanco e Isabel Vaquero.

Resolucións xerais da Asemblea da CTNL 2011 >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego