CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9093 votos
Votar | | | |


26-11-2010

Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Informe do Igea

Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Informe do Igea
O Instituto Galega de Estudos Europeos e Autonómicos (Igea) presentou o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica, elaborado por Henrique Monteagudo, coa colaboración de Antón Reixa, e coa adhesión doutras 17 persoas


Segundo o Igea, o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica, analiza o proceso de creba do consenso lingüístico creado ao redor do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), a actual posición do goberno do Partido Popular e os retos que en materia lingüística que debe enfrontar o galeguismo político.

Os autores do informe avanzan unha proposta de acción cunha aposta pola diversidade e a prol do que chaman bilingüismo restitutivo e regaleguizador para frear a minorización progresiva e, finalmente, a desaparición do galego. Unha estratexia de bilingüismo restituvivo e regaleguizador que non pode fundarse nunha actitude neutral dos poderes públicos, no sentido de fomentar un aparente equilibrio entre o galego e o castelán xusto nos dominios en que a acción do estado pode ser máis eficaz (administracións públicas, sistema educativo), pois esta actitude en realidade validará a actual marxinación ou subordinación do galego nunha serie de dominios clave da vida social (educación superior, medios de comunicación, ámbito profesional, laboral, comercial e financeiro, lecer e cultura de masas), e por tanto acompañará o decadencia do idioma propio do país, sen ningunha posibilidade de revertela.

O informe conta coa adhesión de Luis Tosar, Manolo Rivas, Suso de Toro, Víctor Freixanes, Antón Baamonde, Fermín Bouza, Rafael Cuíña, Xosé Manuel Pereiro, César Portela, Manuel Gallego Jorreto, María Xosé Porteiro, Teresa Taboas, Xoán Antón Pérez Lema, Encarna Otero, Margarita Ledo, Miguel Barros e Manuel M. Barreiro.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego