CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8649 votos
Votar | | | |


15-09-2010

Representantes dos concellos da Coruña reuniranse en Carballo para avanzar na promoción do galego

IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

IV Encontro de política lingüística desde as administración locais da Coruña
Alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as e técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da provincia da Coruña, reuniranse o mércores 20 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo para participar no IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais, unha xuntanza promovida pola Deputación da Coruña e organizada pola CTNL


O Encontro foi presentado no propio Pazo da Cultura carballés polo deputado responsábel da Área de Normalización na Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, e polo presidente da CTNL, Nel Vidal, que salientou que “un dato que chama poderosamente a atención é que máis do 75% dos servizos de normalización lingüística (SNL) que existen en concellos do país están na provincia da Coruña”, o que, segundo o voceiro da CTNL, “non é casualidade, pois é o froito da colaboración que ofrece a Área de Normalización Lingüística da Deputación”. Dentro dese traballo está tamén este Encontro, co que se procura a posta en contacto entre os distintos concellos, a coordinación e o deseño de liñas de acción conxunta.

Pola súa banda, o deputado Xoán Sande destacou que este encontro “está dando os seus froitos”, e que ano tras ano saen del “propostas positivas para a lingua”. Salientou tamén a importancia de que a partir deste ano a xuntanza terá lugar nunha comarca diferente do país, para así “implicar máis a todos os concellos no proceso de normalización social da lingua galega” xa que, segundo Sande, “as administracións locais xogan un papel fundamental para o galego pola súa proximidade coa cidadanía” e destacou que “co apoio da Deputación da Coruña, creáronse medio centenar de servizos de normalización lingüística” en 50 dos 94 concellos da provincia, polo que agora “cómpre intensificar e fortalecer o seu traballo e a súa visibilidade social”.

Nesta cuarta edición do encontro colaboran coa Deputación e coa CTNL os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Zas e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

Un programa con debate político, propostas de colaboración e mesas de traballo para planificar accións de promoción lingüística

O IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o mércores 20 de outubro, será inaugurado ás 10.00 horas polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o deputado responsábel da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande e o presidente da CTNL, Nel Vidal Barral.

A partir das 10.30 h os alcaldes de Ponteceso, Malpica de Bergantiños e Zas, o popular José Luís Fondo Aguiar, o socialista José Ramón Varela Rey e o nacionalista Manuel Muíño Espasandín, debaterán sobre a normalización lingüística no ámbito comarcal. Este debate estará conducido e moderado pola xornalista Comba Campoy.

A continuación, ás 12.30 h, e logo dunha pausa, técnicos/as de normalización lingüística dos concellos de Bergantiños e Soneira presentarán unha proposta de acción conxunta entre os SNL destas comarcas.

Para rematar a mañá, ás 13.15 h, desenvolverase unha mesa de traballo sobre a procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociacións desde os concellos. Nesta participarán Pepe Blanco Alborés, que falará sobre a experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas; Luís Bará Torres, que falará sobre a xestación da Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) no Concello de Pontevedra; e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que falará sobre “Abertos ao galego”, un proxecto de promoción de empresas que traballan en galego.

Xa pola tarde, ás 16.30 h, terá lugar un encontro sobre o papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención. Este encontro estará guiado polas profesoras Ana Martínez Fernández, do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, e Mercedes Queixas, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, ambas pertencentes á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

A xornada rematará cun resumo e conclusións ben especiais e retranqueiras, feitas a modo de disputa regueifeira humorística por Luís O’Caruncho e Bieito Lobariñas.

Neste encontro poden participar alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as, técnicos/as de normalización lingüística, representantes de entidades implicadas no proceso de normalización da lingua (institucións, asociacións, empresas...), etc. Para facelo, é necesario confirmar asistencia até o 13 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 ext. 4630 ou 4631; ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es.

Programa completo en .pdf >


Ligazóns relacionadas


Programa do IV Encontro de política lingüística desde as adm. locais da Coruña (2010)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego