21-07-2010O talento galego concentrado no mesmo espazo durante dous días. Festigal 2010
Concertos de noite e de día, presentacións e venda de libros, feira de artesanía, feira de asociacións, mercado de creatividade galega, presentacións de proxectos, debates, proxeccións de curtametraxes, etc. E todo, co galego como nexo de unión, como punto común, como razón de ser. O sábado 24 e o domingo 25 de xullo o talento galego concéntrase no Festigal, en Santiago de Compostela
O Campus Sur de Santiago de Compostela volve acoller, un ano máis, o
Festigal, organizado pola Fundación Galiza Sempre e por Galiza Nova, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e con Caixanova.
MÚSICA PARA TODOS OS GUSTOSO sábado 24 a partir das 11 da noite subirán ao escenario principal Os Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin e Santa Macairo Oskestar, e o domingo 25, a partir das 10 da noite, será a vez de Bellón Maceiras, O Questrada e Susana Seivane. Ademais, en formato máis reducido, no café concerto, actuarán o sábado Litanei e Snatch, e o domingo Héctor Lorenzo & Álvaro Vieito e Alejandro Vargas Trío.
NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A CREATIVIDADE GALEGANa Galería de Novas Tecnoloxías e Contidos Culturais, o sábado 24 a partir das 19.00 h presentarase o proxecto
Toupa.net, Cultura para levar, o concurso
Musicando a Carvalho Calero ou o proxecto de aCentral Folque. Ademais, ao longo dos dous días darase a coñecer proxectos como Blogaliza.org, Glug, Reditegal o A Casa da Música.
DEBATE E IDEAS QUE NON FALTENA Galería das Ideas acollerá diversos debates, como por exemplo
Cultura libre? Dereitos de autoría, creación e cultura galega;
A quen beneficia o esquecemento? A voltas coa memoria histórica;
Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! ou
Relixión, laicismo e sociedade no ano Xacobeo.
TODAS AS NOVIDADES EDITORIAIS AO TEU DISPORO Festigal acolle ademais venda de libros, con postos de librarías e das principais editoriais galegas que, ademais, aproveitan esta feira da creatividade para presentaren as súas últimas publicacións. Deste xeito, o Festigal acollerá a presentación de libros como, entre moitos outros,
Noente Paradise, de Ugia Pedreira;
Animais!, de Séchu Sende;
Sol de Inverno, de Rosa Aneiros;
Tres cores: azul, de Moncho Iglesias;
Parecía não pisar o chão, de Carlos Taibo;
A Intervención, de Teresa Moure; etc. Ademais, tamén se presentarán as primeiras edicións de
Cantares Galegos e de
Sempre en Galiza en versión galego-portugués, ou o proxecto
Liquilí, o portal galego da cultura infantil.
AS PUBLICACIÓNS SOBRE LINGUA CUN PROTAGONISMO ESPECIALE, entre tantas presentacións de libros, o sábado 24 pola tarde tres delas serán de reflexións, análises e propostas sobre o proceso de normalización da lingua galega:
19.15 h. Presentación do libro
En castellano no hay problema, de Carlos Callón. Falarán:
- Manuel Bragado, editor de Xerais de Galicia
- Alba Nogueira, profesora da USC
- Caetano Díaz, director do xornal Galicia Hoxe
- Carlos Callón, presidente da Mesa e autor do libro
20.00 h. Presentación do libro
Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín. Falarán:
- Francisco Pillado, editor de Laiovento
- Narciso de Gabriel, escritor
- Goretti Sanmartin, coordinadora
22.00 h. Presentación do libro
Estudos xurídicos sobre o Decreto do plurilingüismo de Luís Villares. Falarán:
-Carlos Amoedo, catedrático de Dereito Administrativo
-Dalila Dopazo, xuíza
-Alba Nogueira, profesora de Dereito da USC
-Francisco Pillado, editor de Laiovento
-Luís Villares, maxistrado e coordinador da publicación
CREAMOS AUDIOVISUALPor iso, tanto o sábado 24 como o domingo 25, de 16.00 h a 18.30 h, se proxectarán as obras premiadas no Festival de Cans e mais no Filminho, Festival de Cinema Galego e Portugués que ten lugar en Vila Nova de Cerveira e en Tomiño.
E o sábado todo o día tamén estará na feira a Caixiña dos Mistos, unha caravana moi especial con cinema para nenas e nenos!
MOSTRA DE ARTESANÍA, ASOCIACIÓNS...Máis de vinte organizacións sociais amosarán no
Festigal o seu traballo; trinta artesáns e artesás porán ao dispor do público as súas creacións; unha ducia de tendas ofrecerán creatividade galega en camisolas, discos, xogos, etc.
E AÍNDA MOITAS MÁIS COUSASNa Galería de Cultura Tradicional haberá mostra de instrumentos, traxes, bonecas e tamén actuacións, obradoiros, etc. No Espazo de Animación haberá monicreques, obradoiros, clown... E tamén hai zona de xantar, bares, zona acampada... Un sen fin de propostas e servizos para convidarnos a participar e gozar da creatividade galega.
Programación e información completa en
www.festigal.com