CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8982 votos
Votar | | | |


17-06-2010

A UDC convoca dous premios de investigación en lingua galega

A Universidade da Coruña, a través do seu SNL e das comisións de Normalización Lingüística das Facultade de Dereito, de Ciencias Económicas e Empresariais e mais da EU de Estudos Empresariais abren a convocatoria do I Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica e dos II Premios de investigación en lingua galega no ámbito económico-empresarial


I Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega

Convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Derito, nel poderá participar o alumnado matriculado no curso 2009-10 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así como doutores/as en Dereito cuxo posto de traballo ou desenvolvemento das súas funcións teña lugar na comunidade autónoma galega. Tamén investigadores predoutorais das tres universidades galegas.

Os traballos deberán ser inéditos e estar redactados en lingua galega.

O premio ten dúas modalidades:

  • un premio de 600€ para o estudantado

  • un premio de 900€ para os/as doutores/as en Dereito e investigadores predoutorais



O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010. Pode consultar o texto completo da convocatoria nesta ligazón.


II Premios de investigación en lingua galega no ámbito económico-empresarial


O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas comisións de normalización lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e mais a da Escola de Estudos Empresariais convocan dous premios de investigación en lingua para os tres colectivos universitarios.

O seu obxectivo fundamental é o de promoveren a investigación en lingua galega en temas de índole económica ou empresarial.

Categorías

  • Profesorado. Os traballos deben ser orixinais (artigos, libros, capítulos de libros...) e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial. O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010 e está dotado dun premio de 1500 €.

  • Pas e alumnado. Os traballos deben ser inéditos e versarán sobre calquera temática de índole económica ou empresarial. O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2010 e está dotado dun premio de 1200 €, un áccesit de 600 € e outro de 300 €.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego