CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7939 votos
Votar | | | |


11-06-2010

Sumemos en galego: o venres 18 encontro do profesorado de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en contra da prohibición de daren as clases en galego

Sumemos en galego
A CIG-Ensino, en colaboración con Queremos Galego, organiza un encontro do profesorado das materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía contra a prohibición de daren as clases en galego. O encontro terá lugar o venres 18 de xuño ás 18.00 h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela


Esta é a información da convocatoria da CIG-Ensino:

Sumemos en Galego: Continuemos a dar aulas na nosa lingua

A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 25 de maio de 2010 o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza que supón un retroceso sen precedentes e un atentado ignominioso para a nosa lingua. Trátase dun decreto que pretende marxinar o noso idioma do sistema educativo, impide a normalización lingüística e imposibilita que o alumnado acade a competencia suficiente para que poida usar o galego con toda a normalidade. Por primeira vez, preténdese prohibir ao profesorado de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química impartir as aulas no noso idioma coa intención de continuar desprestixiando a nosa lingua, evidenciando, tamén, o desprezo polo traballo, esforzo e compromiso do profesorado que ensina en galego.

Para dar resposta a esta situación, a CIG-Ensino, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, convídavos a un encontro que terá lugar o vindeiro día 18 de xuño, ás 18 horas, no Museo do Pobo Galego, en defensa de podermos continuar a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en galego e para amosar o rexeitamento a este decreto que procura erradicar o galego como lingua de comunicación científica. Aproveitaremos, tamén, para acordar as actuacións a levar a cabo durante o vindeiro curso, xa que non podemos ficar impasíbeis perante o lingüicidio do que nos é propio, reafirmando a firme vontade de ensinar en galego como compromiso e lealdade co idioma. Coa unión e a firmeza de todos nós, faremos posíbel que o noso labor normalizador continúe.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego