CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9304 votos
Votar | | | |


15-10-2007

Cuestións lingüísticas na reforma da Lei de función pública

En setembro entrou en vigor a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Nesta reforma da Lei da función pública hai algún avance de interese con respecto á lingua que cómpre ter en conta.

O máis interesante é o punto dezasete da Lei 13/2007, polo que se modifica o artigo 33 da Lei 4/1988, que queda redactada como segue:

"Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos/as administrados/as ao uso da lingua propia de Galicia nas relacións coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, e iso sen prexuízo doutras probas adicionais, que se puidesen prever, para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega."

Tamén é de interese o punto vinte e nove, no que se estabelece que o artigo 63 bis queda redactado como segue:

1. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados.

A avaliación do desempeño é o procedemento a través do que se mide e valora a conduta profesional e mais o rendemento ou o logro de resultados.

2. Os sistemas de avaliación do desempeño adecuaranse, en todo caso, a criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación, e aplicaranse sen menoscabo dos dereitos dos empregados públicos.

3. A Administración pública galega determinará os efectos da avaliación na carreira profesional, na formación, na provisión de postos de traballo e na percepción das retribucións complementarias correspondentes.

4. A Xunta de Galicia articulará un sistema que, entre outros factores, terá en conta necesariamente:

[...]

e) O grao de cumprimento do Plan de normalización lingüística.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego