CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9112 votos
Votar | | | |


12-04-2010

Convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Miño

Concello de Miño
O Concello de Miño convoca unha praza laboral temporal de interinidade de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de catro días hábiles que contará a partir do día seguinte ao se publicar a convocatoria nun xornal comarcal (La Opinión da Coruña do 11 de abril de 2010)


O obxecto das bases é contratar un técnico/a de Normalización Lingüística, con carácter de interinidade ata que desaparezan as razóns de urxencia que motivaron a súa cobertura interina por excedencia por coidado dun fillo menor.

As persoas aspirantes para tomar parte no proceso selectivo, deberán reunir os
seguintes requisitos referidos á data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter capacidade para ser contratado, conforme o Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo.
b) Ser español ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude de Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e dos nacionais dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes nin os do cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.
c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
d) Ter cumpridos o dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
e) Estar en posesión do título de Licenciado/a, en Filoloxía Galego- Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Gelego-Portugues).
f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.
g) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou
para exercer funcións
similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, en que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

Forma e prazo das solicitudes

As solicitudes farán constar que se reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais, deberán ir dirixidas ao alcalde-presidente do Concello de Miño e presentaranse no Rexistro de entrada do concello no prazo de catro días hábiles que contará a partir do día seguinte ao de se publicar o anuncio da convocatoria nun diario comarcal. (La Opinión de A Coruña do 11 de abril de 2010)

A solicitude deberá ir acompañada por:

  • Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.
  • Xustificante do pagamento de dereito de exame, que ascende á cantidade de 30,05 euros, e que deberá ingresarse na Tesouraría Municipal



Procedemento de selección
O procedemento consistirá na fase de oposición con dous exames. Un primeiro será a realización dunha proba escrita
de preguntas curtas, relacionadas co programa determinadas polo órgano de selección. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 45 minutos. Este exercicio cualificarase de 0 a 10.

A segunda proba consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto proposto previamente polo tribunal, de castelán a galego. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 30 minutos e cualificarase de 0 a 10 puntos.

Temario

Parte xeral

1. A Constitución Española de 1978. Estrutura. Títulos.
2. Principios xerais e valores que inspiran o sistema constitucional español.
3. Dereitos e deberes fundamentais.
4. Tratamento da lingua na Constitución. Evolución e situación actual.
5. O Estatuto de Autonomía de Galicia
6. O réxime local español. Características xerais.
7. Lei de Bases do Réxime Local. Estrutura.
8. O municipio como entidade territorial. Sistema municipal en España.
9. O municipio. Organización. Alcalde. Pleno.
10. O municipio. Competencias.
11. Deputacións. Definición e características.
12. Deputacións. Estrutura e organización.
13. Deputacións provinciais. Competencias.
14. Outras estruturas supramunicipais.
15. O sistema electivo dos membros das entidades locais en España.
16. Lei 30/1992. Características Xerais.
17. Lei 30/1992. Fases do procedemento administrativo.
18. Lei 30/1992.Computo de prazos o silencio administrativo.
19. Persoal ao servizo das entidades locais. Clases. Réxime xurídico.
20. Persoal ao servizo das entidades locais. Ingreso, cesamento é situación especial
21. Dereitos e deberes do persoal ao servizo da Administración Local.
22. Dereitos e deberes dos cidadáns ante a Administración.
23. O Concello de Miño.

Parte especial
1. Concepto de lingua.
2. Historia externa da lingua.
3. Formación do galego.
4. Evolución do seu uso do galego e status.
5. Situación sociolingüística actual de Galicia.
6. Bilingüismo. Definición Xeral.
7. Diglosia. Concepto e caracteres.
8. Conflito lingüístico.
9. Substitución .Concepto.
10. Normalización. Concepto e caracteres.
11. Factores sociais na lingua : lealdade lingüística.
12. Factores sociais na lingua: cambio lingüístico.
13. Cambio lingüístico: prestixio e promoción social
14. Situación sociolingüística do galego.
15. Coñecemento, usos e actitudes do galego.
16. A lexislación lingüística. O marco normativo xeneral.
17. A Lei de normalización lingüística.
18. A normativa lingüística na función pública.
19. Definición e obxectivos de planificación lingüística.
20. A normalización lingüística. Concepto xeral.
21. A normalización lingüística. As particularidades da lingua galega.
22. Criterios de elaboración dun plan de normalización lingüística.
23. A dinamización dentro da planificación lingüística.
24. Os servizos de normalización lingüística: definición.
25. Os servizos de normalización lingüística: organización e funcións.
26. A dinamización desde un SNL
27. A formación desde un SNL
28. Asesoramento desde un SNL.
29. Principais recursos para o traballo dun SNL.
30. O proceso de normalización lingüística en ámbitos educativos.
31. O proceso de normalización lingüística no non ámbito institucional.
32. O proceso de normalización lingüística no ámbito socioeconómico.
33. O proceso de normalización lingüística no ámbito da comunicación en Galicia.
34. As institucións, organismos públicos e organizacións sociais relacionados coa normalización lingüística
35. Política lingüística na Administración Local galega
36. A intervención desde os concellos nas políticas lingüísticas.
37. A formación do estándar.
38. O estándar e as variedades xeográficas.
39. Desviacións da norma.
40. A norma: principais características.
41. A norma: proceso de fixación.
42. Variedades estilísticas
43. Rexistros e tecnolectos.
44. A linguaxe administrativa: características xerais.
45. A formación do modelo galego.
46. A normalización lingüística no ámbito municipal
47. Literatura galega. Poesía na época medieval. As Cantigas.
48. A Prosa na época medieval. O Ciclo Carolinxio. O ciclo Bretón. O ciclo
Troiano.
49. Literatura galega. A idade moderna. Os séculos escuros.
50. Literatura galega. O rexurdimento da literatura galega. Factores. Manuel
Murguía
51. A prosa no rexurdimento.
52. Literatura galega. Rosalía de Castro.
53. Literatura galega. Eduardo Pondal.
54. Literatura galega Curros Enríquez.
55. Literatura Galega. As Vangardas. Manuel Antonio.
56. Literatura Galega. A xeración Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo
57. Literatura Galega. Daniel Rodríguez Castelao.
58. Literatura Galega. A prosa en Galicia durante a Guerra Civil en Galicia.
59. Literatura Galega a xeración dos 50.
60. A Literatura Galega xeración poética dos anos 80
61. Literatura Galega a nova narrativa Galega.
62. Literatura Galega. Principais autores da Nova Narrativa Galega.
63. Literatura Galega O ensaio en galego.
64. Literatura Galega O conto como subxénero narrativo

Podes consultar as bases nesta ligazón.


Ligazóns relacionadas


Bases

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego