CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


6752 votos
Votar | | | |


25-01-2010

Modificación da convocatoria dos cursos Celga para 2010

CelgaDespois da reclamación feita pola CTNL, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica no DOG unha corrección de erros da convocatoria dos cursos Celga para 2010 que lle afecta aos prazos estabelecidos.

Aínda que a CTNL denunciou, ademais dos prazos, outros problemas na convocatoria dos cursos Celga para 2010, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) accedeu a modificar só os prazos, mediante unha corrección de erros publicada no DOG do 25/1/2010.

Deste xeito, os cursos organizados por colectivos que antes se tiñan que desenvolver entre abril e novembro, agora poderán comezar o 22 de marzo (antes de que remate o prazo de matrícula nos exames o 25 de marzo), e a resolución dos cursos concedidos farase pública o 10 de marzo (en vez do 31, como estaba estabelecido nun principio).

Ademais, os colectivos que soliciten un curso terán que facelo entregando unha listaxe con, cando menos, 20 persoas preinscritas (e non 25, como se fixaba ao principio).

Esta corrección de erros, aínda que positiva, non soluciona outros problemas organizativos, de coordinación e de xestión dos cursos Celga, como pode ser a planificación territorial, a coordinación e colaboración cos SNL, o desfasamento temporal ilóxico entre o momento da solicitude dos cursos e as datas de impartición, a homoxeneidade dos grupos de alumnado, etc.

A información completa sobre a convocatoria dos cursos Celga para 2010 pódese consultar aquí

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego