CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9319 votos
Votar | | | |


14-12-2009

A empresa R e Onda Cero Galicia, premios de publicidade en lingua galega 2009

Cámbiache o conto - RA XVI edición dos Premios de Publicidade en Galego, concedidos polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG, e cos que se recoñece o labor das empresas e axencias que promoven a difusión da lingua galega a través do medio publicitario, fóronlles concedidos este ano a R-Cable, pola campaña "Cámbiache o conto" e a Onda Cero Galicia.

O Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG decidiu outorgar nesta edición os Premios de Publicidade en Galego 2008, na modalidade de televisión ao anuncio de R-CABLE Galicia “Cámbiache o conto” [vídeo], elaborado pola axencia ‘OCEANOGRÁFICO’ e emitido pola TVG. O xurado apreciou neste anuncio a súa orixinalidade, novidade e sinxeleza para elaborar un discurso narrativo “quen de prender a atención das espectadoras e dos espectadores máis preguiceiras/os”, ademais da súa mensaxe directa e imaxinativa.

No apartado de radio, o galardón foi para o reclamo publicitario “ONDA CERO GALICIA” elaborado e presentado por Onda Cero Radio. Neste caso foi valorada a riqueza lingüística da cuña publicitaria, que transmite unha viaxe idílica polos recunchos da terra galega, desde a gastronomía até a paisaxe. Ademais, o xurado salientou o innovador do anuncio premiado no tocante á articulación da súa mensaxe radiofónica e á súa textura arquitectónica.

Finalmente, o xurado acordou, por unanimidade, que o premio na modalidade de internet quedara deserto.

Os premios foron entregados o 11 de decembro nun acto en Ourense.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego