CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8696 votos
Votar | | | |


13-11-2009

Convocado o X Premio Manuel Beiras ao uso do galego nas empresas de Santiago de Compostela

X Premio Manuel BeirasO Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio convocan o X Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso e prestixio da lingua galega.

As empresas que desexen participar teñen que presentar unha proposta cubrindo un formulario que poden recoller na Oficina de Atención ao Público do Concello de Santiago e na Cámara de Comercio ou nas súas respectivas webs (www.santiagodecompostela.org / www.camaracompostela.com). Deben presentar tamén documentación que demostre o emprego do galego nas actividades da empresa ou comercio.

As categorías do premio son: empresas que veñan realizando un uso continuado do galego e aquelas empresas que se incorporaran recentemente ao seu uso. Tamén se poderá outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade pola súa contribución á loita da normalización da lingua galega no mundo empresarial.

O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán.

Os galardoados na edición de 2008 foron: na categoría de nova incorporación, A Navalla Suíza; na categoría de empresas cun uso continuado do galego, Tórculo Artes Gráficas; e con distinción especial, o Centro Comercial Área Central.

As empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas candidaturas ata o 30 de novembro de 2009.

As bases completas pódelas descargar en .pdf [1,05 MB] aquí.


Ligazóns relacionadas


Bases do X Premio Manuel Beiras

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego