CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


11093 votos
Votar | | | |


30-10-2009

Proposta da CTNL para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas da SXPL

Proposta da CTNL para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas da SXPLA CTNL acaba de remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística unha proposta para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas, que debe pasar, fundamentalmente, por unha planificación anual centralizada da oferta formativa e pola creación dun corpo de docentes profesionalizado. Achegamos aquí a proposta completa.

Proposta da CTNL para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas da SXPL (.pdf, 209 KB)

A proposta remitida inclúe unha introdución e exposición de motivos, unha explicación das principais eivas do sistema de formación da SXPL e propostas concretas de mellora dese sistema.

De xeito esquemático e resumido, as eivas detectadas e as propostas feitas son as seguintes:

PRINCIPAIS EIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN EN LINGUA DE PERSOAS ADULTAS DA SXPL
  • Falta de universalidade e de planificación territorial

  • Ausencia de coordinación previa cos servizos de normalización lingüística

  • Desfasamento temporal entre o momento da solicitude dos cursos e as datas de impartición

  • Descoordinación entre as datas de inscrición nas probas e as datas de comezo dos cursos

  • Falta de garantías na realización dos cursos para colectivos

  • Competencia lingüística desigual do alumnado

  • Exceso de número de alumnos/as por aula

  • Inexistencia dun certificado de asistencia aos cursos

  • Escasa formación específica para o profesorado colaborador

  • Precarias condicións laborais do profesorado

  • Requisitos dubidosos e pouco claros de selección de profesorado colaborador

ALGUNHAS PROPOSTAS DE MELLORA DO SISTEMA DE FORMACIÓN EN LINGUA GALEGA DE PERSOAS ADULTAS DA SXPL
  • Planificación anual centralizada da oferta formativa, de forma que se cubra todo o territorio

  • Fixación lóxica das datas de inscrición nos cursos e nas probas

  • Nivelación previa do alumnado

  • Fixación de grupos formativos reducidos

  • Certificado de asistencia aos cursos

  • Formación específica completa e de calidade para profesorado colaborador

  • Creación dun corpo docente estábel

O documento completo pódese consultar en .pdf no apartado "Propostas" do "Andel da CTNL".

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego