CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


4532 votos
Votar | | | |


30-10-2009

III xornada "Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización"

III Xornada Xustiza e LinguaO Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a terceira edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”, que terá lugar o mércores 18 de novembro e que tentará achegar novos puntos de vista acerca do proceso normalizador da lingua galega na xustiza.

o obxectivo principal desta edición será o de reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza. Para iso a xornada contará coa participación de destacados profesionais e especialistas dos eidos xurídico e lingüístico que achegarán as súas experiencias e puntos de vista sobre o uso do galego no exercicio xurídico.

A xornada Xustiza e Lingua será abordada dende catro ámbitos diferentes pero á vez complementarios:

Ámbito institucional:
- “Bilingüismo e liberdade lingüística no ámbito da Administración de Xustiza”
Relator: D. Xesús Palmou Lorenzo, avogado non exercente, conselleiro do Consello de Contas de Galicia e ex conselleiro de Xustiza.

Ámbito da avogacía:
- “Experiencias do uso da lingua galega no eido xurídico: problemas e perspectivas”
Relator: D. Xoaquín Monteagudo Romero, avogado (colex. 921 do CA de Santiago) e presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Ámbito da xudicatura:
- “O galego na Administración de Xustiza: marco normativo e realidade práctica”
Relatora: D.ª Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada do Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela

Ámbito lingüístico:
- “A terminoloxía na normalización do galego na xustiza”
Relator: D. Manuel González González, catedrático de Filoloxía da USC e secretario da Real Academia Galega

Para se inscribir nesta xornada, cómpre cubrir este documento e envialo por correo electrónico a linguista@icasantiago.org

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego