CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2251 votos
Votar | | | |


22-10-2009

VI Xornadas Lingua e Usos. Lingua e Xénero

VI XornadasUn ano máis, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa sexta edición, para o que acaban de abrir o prazo de inscrición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Xénero.

As VI Xornadas Lingua e Usos desenvolveranse no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña os días 26 e 27 de novembro, co seguinte programa:

Xoves 26/11/2009

16:00 Recepción e entrega de documentación

16:30 Conferencia inaugural. Presentación de datos sociolingüísticos desde a perspectiva de xénero. Isabel Suárez Fernández

18:00 Linguaxe e discriminación de xénero: como e por que é sexista o galego, e como pode deixar de selo. Olga Castro Vázquez

20:00 Un achegamento aos preconceptos contra o galego por parte das mulleres a través das súas palabras. Nuria Seoane Bouzas e Avia González Veira


Venres, 27/11/2009

09:00 Usos lingüísticos e representación das mulleres. Eulàlia Lledó i Cunill

11:00 Dúas subordinacións en paralelo: mulleres e lingua . M.ª Pilar García Negro

13:00 Lingua e xénero nos dicionarios galegos. Carme Hermida Gulías

16:30 Tradución e androcentrismo: quen traduce que(n) e como na Galiza. Robert Neal Baxter

18:30 O emprego da(s) lingua(s) na publicidade dirixida ás mulleres. O caso da TVG .Roi Vidal

20:00 Conferencia de clausura: Falarmos galego as mulleres, por que non? .Teresa Moure

A inscrición é gratuíta a través do formulario que se publica na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística (www.udc.es/snl). O prazo de inscrición remata o mércores 18 de novembro de 2009, ás 14.00 h.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego