CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9765 votos
Votar | | | |


20-10-2009

A comunidade de tradución de sóftware libre organízase fóra das institucións

GaleguizaciónA comunidade de tradución ao galego de sóftware libre estase a organizar fóra do ámbito institucional co fin de garantir as actividades que realizaron nos últimos anos arredor de Mancomún. Os proxectos que acaban de nacer son a Asociación sen ánimo de lucro Trasno e a plataforma g11n.net.

O proxecto Trasno, un dos pioneiros na tradución ao galego de sóftware libre, agrupa persoas voluntarias dedicadas á tradución de aplicativos. O pasado 17 de outubro crearon a Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre-Proxecto Trasno entre cuxos obxectivos está "A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais."

Pola súa banda, a plataforma informática g11n.net parte co obxectivo de garantir a pervivencia das actividades que desenvolveu nos últimos anos Mancomún, mais sen depender de das institucións, de partidos políticos ou empresas. O seu financiamento dependerá das achegas das persoas voluntarias. Por agora, na plataforma g11n.net xa se creou unha rolda de correo comunitaria e un servizo para xestionar os proxectos de galeguización.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego