CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


7220 votos
Votar | | | |


10-11-2007

O Pazo de Mariñán acollerá o 28 de novembro o I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

O pasado venres presentouse na sede da Deputación da Coruña o primeiro encontro que porá en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de acción e coordinación en materia de normalización lingüística, o I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar o 28 de novembro no Pazo de Mariñán.

O deputado nacionalista responsábel da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da institución provincial coruñesa, Xoán Sande, sinalou que co encontro procúrase poñer en marcha estratexias de acción e coordinación para a promoción social do uso do galego nas administracións locais e deseñar conxuntamente liñas de cooperación e coordinación entre os concellos neste eido.

Sande destacou que as administracións públicas "teñen a obriga e a responsabilidade de promover políticas activas de normalización lingüística, que impliquen no proceso ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais", e afirmou que "para que estas políticas públicas sexan máis eficaces, deben desenvolverse de xeito planificado e coordinado", e neste sentido a celebración de iniciativas como este Encontro poden ser de grande utilidade.

O deputado provincial manifestou o seu desexo de que o encontro teña continuidade e sirva como "toma de contacto" e "posta en común" de ideas, proxectos e iniciativas para levar a cabo desde os concellos para propiciar a coordinación e creación de rede entre os concellos galegos para a normalización lingüística, polo que convidou á participación aos/ás técnicos/as e, especialmente, aos alcaldes, alcaldesas e responsábeis políticos destas áreas nos concellos.

Pola súa banda, o presidente da CTNL, Nel Vidal, entidade colaboradora e xestora do encontro, sinalou que é imprescindíbel a coordinación dos servizos e das accións normalizadoras, a posta en común e a creación de rede, mais non só técnica, senón tamén política e institucional. Tamén salientou o compromiso da Deputación da Coruña co fomento dos servizos de normalización lingüística locais, que este ano propiciou que na provincia da Coruña haxa 43 concellos que asinaron un convenio para a creación e/ou mantemento dun SNL.

O encontro comezará cun debate sobre a responsabilidade das administracións locais en política lingüística, no que participarán os alcaldes de Carballo (Evencio Ferrero, BNG), Fene (Iván Puentes, PSdG-PSOE) e Outes (Carlos López Crespo, PP). Haberá dous obradoiros, un sobre a creación, mantemento, funcións e liñas de financiamento de SNL e outro sobre a elaboración e aprobación de ordenanzas de normalización lingüística. Presentarase unha experiencia de acción conxunta entre varios concellos, a campaña de dinamización lingüística na hostalaría de Ames, Rois e Brión. A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentará un novo modelo de coordinación: o Consorcio de Planificación Lingüística e, para pechar o encontro, haberá unha actuación do contador de historias Quico Cadaval.

Ao encontro serán convidados todos os alcaldes e alcaldesas da Coruña, os/as responsábeis políticos/as de normalización dos concellos, os/as responsábeis técnicos/as e membros doutras entidades implicadas.

A presentación, obxectivos e temas pódense consultar en .pdf aquí e o programa completo aquí.

A NOVA NOS MEDIOS

-A Deputación da Coruña aposta polo desenvolvemento dos Servizos de Normalización Lingüística nos concellos da provincia [Web da Deputación da Coruña]

-I Encontro de Política Lingüística desde as administracións locais de Galicia [Xornal de Galicia]

-A Deputación aposta por potenciar os servizos de Normalización Lingüística [Xornal]

-A Deputación da Coruña pide que a política lingüística non se faga deslavazadamente desde cada concello [La Opinión A Coruña]

-Mariñán acolle un congreso sobre a promoción do galego [La Voz de Galicia. Coruña]

-O encontro de política lingüística deseñará estratexias conxuntas [El Ideal Gallego]

-A Deputación promove un encontro de política lingüística para os concellos [La Voz de Galicia. Carballo]

-A Deputación da Coruña aposta por implantar servizos de Normalización Lingüística en todos os concellos [Galicia Diario]

-A Deputación aposta polo desenvolvemento dos servizos de Normalización Lingüística nos concellos [Galicia Hoxe]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego