CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


3368 votos
Votar | | | |


01-06-2009

V Curso de verán de dinamización lingüística. Traballando en lingua. Do compromiso individual aos argumentos

V Curso de verán Traballando en linguaO Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), organizan a quinta edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o compromiso individual e os argumentos. O curso ten lugar en Carballo os días 15, 16 e 17 de xullo. O prazo de preinscrición está aberto até o 23 de xuño.

CONSULTA AQUÍ A LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E O ESTADO DA TÚA MATRÍCULA

LIÑAS TEMÁTICAS
  • Reflexionar sobre a realidade da lingua galega na actualidade

  • Introducir casos prácticos de compromiso individual co idioma

  • Escoitar as razóns para o mantemento lingüístico e para as mudanzas de idioma no caso galego

  • Avaliar as posibilidades de éxito das políticas lingüísticas institucionais

  • Ofrecer argumentos a prol do uso da(s) lingua(s)

  • Recoñecer o pasado inmediato como un espazo para confluír na modificación das actitudes

DATAS
15, 16 e 17 de xullo de 2009

LUGAR
Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Mapa en Google Maps

DURACIÓN
25 horas

PERSOAS DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado; técnicos/as de normalización lingüística; técnicos/as de cultura; animadores/as socioculturais; asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).
No curso poden participar un máximo de 60 persoas.

CUSTO DA ACTIVIDADE
30 euros para as persoas que pertenceren aos seguintes colectivos: comunidade universitaria, persoas desempregadas, persoal da UDC e socios/as da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)
50 euros para todas as demais persoas participantes

INSCRICIÓN
O prazo de preinscrición está aberto até as 14.00 h do día 23 de xuño.
Debe facerse enviando cuberto o formulario ao SNL da Universidade da Coruña (snl@udc.es; fax: 981167041).
A relación de persoas admitidas publicarase na páxina web do SNL da UdC. A matrícula débese formalizar definitivamente pagando as taxas até as 14.00 h do día 6 de xullo e entregando no SNL o xustificante de pagamento até as 14.00 h do día 9 de xullo.

Texto completo da convocatoria [.pdf]

Programa [.pdf]

Folla de preinscrición [.doc]


PROGRAMA

MÉRCORES 15 DE XULLO

10.00h-10.15h: Recepción e entrega de documentación

10.15h-11.00h: Inauguración e almorzo conxunto de benvida
-Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
-Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
-Goretti Sanmartín, directora do SNL da UdC
-Nel Vidal, presidente da CTNL

11.00h-12.30h: Por que e para que hai que defender as linguas ameazadas
Miquel Strubell i Trueta, Universitat Oberta de Catalunya

12.30h-14.00h: Estado democrático e normalización lingüística
Luís Villares Naveira, xuíz e coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia

14.00h-16.00h: Xantar conxunto

16.00h-18.30h: Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
1) Lingua e ensino
Coordina: Valentina Formoso Gosende
2) O mantemento lingüístico
Coordina: Xabier Camba Sanmartín
3) Lingua e xénero
Coordina: Nuria Seoane Bouzas

18.30h-19.00h: Pausa-café

19.00h-20.30h: Aproveitamento das redes de apoio á lingua por parte dos SNL. Deseño de accións de implicación colectivas
Iolanda Gómis Parada, Tagen Ata, Lingua e Comunicación.

XOVES 16 DE XULLO

10.00h-11.15h: Pegadas actuais da represión lingüística exercida sobre o galego ao longo do s. XX
Pilar Freitas Juvino, IES Valle Inclán de Pontevedra

11.15h-11.45h: Pausa-café

11.45h-13.30h: Táboa redonda: A necesaria perspectiva individual na defensa dos nosos dereitos
-Miguel Moreira Barbeito, Universidade de Santiago de Compostela
-Beatriz Vilaverde Santamariña, A liña do galego. A Mesa pola Normalización Lingüística

13.30h-15.00h: Videoconferencia co I Congreso de Servizos Lingüísticos de Territorios de Fala Catalá

15.00h-17.00h: Xantar conxunto

17.00h-19.30h: Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
4) O papel da irradiación lingüística
Coordina: Nel Vidal Barral
5) A integración no galego desde outras realidades
Coordina: Rosa Moreiras Cuñarro
6) Bilingüismo e conservación do idioma
Coordina: Isabel Vaquero Quintela

19.30h-20.00h: Pausa-café

20.00h-22.00h: Representación da obra Comedia Bífida, de M. Núñez Singala
Grupo de Teatro Bicodobrelo

VENRES 17 DE XULLO

10.00h-12.00h: Do compromiso individual aos argumentos: Lectura (por parte dos/as coordinadores/as) das conclusións tiradas por cada grupo. Debate plenario

12.00h-12.30h: Pausa-café

12.30h-14.00h: A inutilidade das linguas
Goretti Sanmartín Rei, Universidade da Coruña

14.00h-15.00h: Do compromiso individual aos argumentos: Lectura das conclusións finais

15.00 h: Remate do curso


ORGANIZA
-Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña

COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Concello de Carballo


Texto completo da convocatoria [.pdf]

Programa [.pdf]

Folla de preinscrición [.doc]


Ligazóns relacionadas

Información completa no web do SNL da UdC

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego