CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8505 votos
Votar | | | |


15-04-2009

O V Curso de verán sobre dinamización lingüística centrarase no argumentario e no compromiso individual coa lingua

Curso de verán sobre dinamización lingüísticaO V Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua" que anualmente realiza o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, desenvolverase no mes de xullo en Carballo e centrarase na análise do compromiso individual coa lingua galega e no argumentario a favor da normalización lingüística.

O V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo os días 15, 16 e 17 de xullo de 2009. Esta edición centrarase no argumentario e na análise do compromiso individual coa lingua galega, e nel participarán diversos expertos en normalización lingüística de Galiza e doutras partes do estado.

Mentres a pasada edición se dedicou ás novas tecnoloxías, esta centrará as súas sesións na reflexión sobre a realidade da lingua galega, na introdución de casos prácticos de compromiso individual co idioma, nas razóns para chegar á lealdade lingüística e nos argumentos a prol do uso do galego.

Está previsto que nel participen arredor de 60 persoas, principalmente técnicos/as de normalización lingüística de distintas entidades, axentes sociais e dinamizadores/as sociolingüísticos/as.

O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, e conta coa colaboración da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego