CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8895 votos
Votar | | | |


10-03-2009

Convocatoria para a contratación temporal dun/ha técnico/a de Normalización Lingüística no Concello de Oroso

Concello de OrosoNo Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 7 de marzo de 2009 publícase a convocatoria de proceso selectivo dun/ha técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Oroso. O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles que contarán dende o seguinte ao se publicar o anuncio no BOP.

A persoa aspirante que resultar seleccionada despois do proceso selectivo terá como remate do contrato o 31 de decembro de 2011, a modalidade do contrato será a de obra ou servizo e por media xornada (18,75 horas semanais)

REQUISITOS

  • Ser español maior de 16 anos

  • Non estar incurso en ningunha causa de inhabilitación ou incompatibilidade para o desempeño da Función pública

  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das súas funcións

  • Estar en posesión do título de licenciado ou equivalente en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa, ou Filoloxía Hispánica subsección de Galego-Portugues



SISTEMA DE ELECCIÓN
O sistema de elección será o concurso de méritos (até 8 puntos) e unha entrevista persoal (até 2 puntos) que versará sobre a adecuación da persoa candidata ás funcións que se desenvolverán.

No concurso de méritos valorarase, en primeiro lugar, a experiencia profesional en SNL até un máximo de 4 puntos, a razón de 0,15 por cada mes noutros servizos da Administración local, 0,10 noutras administracións e 0,01 por bolsas de formación.

No segundo apartado do concurso de méritos valorarase a asistencia a cursos de formación, até un máximo de 3 puntos a razón de 0,10 por cursos de até 10 horas, 0,40 por cursos de entre 10 e 30 horas, 0,75 por cursos entre 30 e 50 horas, e 1 punto por cursos de máis de 50 horas.

Por último valorarase o coñecemento de informática até 1 punto.

Canto á entrevista curricular, esta valorarase con 2 puntos e está destinada a comprobar a adecuación dos perfís das persoas aspirantes co posto que se convoca.

Podes consultar as bases e o modelo de solicitude nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego