CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


1511 votos
Votar | | | |


06-03-2009

Cada un ao seu aire. Análise das convocatorias de técnico/a de normalización lingüística na administración local da Coruña

Análise: por Pepe B. Alborés

Pepe B. AlborésA administración local é a máis galeguizada das administracións galegas e dentro do conxunto das administracións locais, na provincia da Coruña é onde un maior número de concellos contan con servizos de normalización lingüística. Dos, ao redor de, 70 servizos de normalización lingüística municipais que hai no país máis da metade están en concellos da provincia da Coruña. Este feito é debido á liña de subvencións aos concellos da provincia da Coruña para a normalización da lingua galega que sacou en outubro de 2004 a Deputación.

Tanto esta liña de subvencións como os convenios que asinaban a Deputación e os concellos participantes presentaban algunhas eivas, por exemplo no referente aos prazos de duración e xustificación das subvencións, as funcións, a categoría laboral ou a remuneración dos técnicos e técnicas.
No ano 2008 a Deputación da Coruña sacou unha nova liña de axudas para a creación ou o mantemento de servizos de normalización lingüística que, en maior ou menor medida, pretende solucionar as eivas da convocatoria de 2004.

Ao abeiro desta liña de axudas da Deputación, algúns concellos ofertaron prazas de técnico/a de normalización lingüística. Analizaremos as convocatorias dos concellos de Narón, Fisterra e Rois.

Nos tres casos analizados ofértanse contratos temporais. Na convocatoria de Narón non se especifica a duración do contrato, segundo a de Fisterra a duración do contrato é ate o 31 de decembro de 2009 e no caso de Rois o contrato terá una duración dun ano podendo prorrogarse cunha duración máxima de tres.

No referente á titulación das persoas candidatas tanto Narón como Rois seguen a proposta das bases da Deputación de admitir licenciados en calquera titulación que estean en posesión do Celga 5, pero Fisterra só admite Licenciados en Filoloxía galego-portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués).

No referente á remuneración Narón especifica unicamente que as retribucións serán dun grupo 1, Fisterra sinala que o traballador ou traballadora percibirá unas retribucións de 15.104,40 € brutos anuais e Rois que o traballador ou traballadora percibirá 1.200 € brutos ao mes en 14 pagas (16.800 € brutos anuais).

En canto ao sistema de selección tamén hai diferenzas, a convocatoria de Narón presenta dúas probas, unha teórica e unha práctica cuxas puntuacións supoñen un 72% da puntuación total e unha fase de concurso de méritos que supón un 28% da nota final.

A convocatoria de Fisterra presenta un concurso de méritos e unha entrevista persoal se ben a decisión da realización ou non da entrevista correspóndelle á comisión de selección, xa que logo, pode que o 100% da nota final se resolva no concurso de méritos.

A convocatoria de Rois presenta un concurso de méritos, unha proba práctica e unha entrevista cunhas porcentaxes respectivas do 23%, 57% e 20% na nota final.

Narón é o único caso no que técnicos de normalización lingüística doutros concellos forman parte do tribunal.

A CTNL sacou en xuño de 2008 unha proposta de bases de convocatoria para a contratación dun técnico/a nunha administración local na que se recollen unhas recomendacións que deberían cumprir as convocatorias de contratación de técnicos e técnicas de normalización lingüística.

No II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña entregouse como material de traballo unha proposta de bases para a contratación temporal dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística municipal mediante concurso-oposición. Nesta proposta recollíanse claramente os requisitos que terían que cumprir as persoas aspirantes, as funcións que tería que desenvolver o técnico ou técnica, as persoas que deberían formar parte da comisión de selección, e os pasos a seguir para desenvolver o procedemento.

A adecuación das distintas convocatorias as propostas formuladas é distinta dependendo duns casos ou doutros. As distintas administracións alegan a súa autonomía á hora de incluír as recomendacións e continuamos con importantes diverxencias entre as distintas administracións locais tanto no referente a contratación, a estabilidade da praza ou a remuneración.

Una vez máis pásanos pola cabeza a idea do Consorcio como ente unificador de todos os aspectos diverxentes. Temos claro que a creación desta institución é necesaria para coordinar, unificar e dignificar o traballo dos técnicos e técnicas de normalización lingüística.



Pepe B. Alborés foi técnico de normalización lingüística do Concello de Vimianzo do ano 2005 ao 2008.


Ligazóns relacionadas


Descarga a análise en formato .pdf [112 KB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego