CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8860 votos
Votar | | | |


18-02-2009

Convocatoria de axudas para un sector audiovisual en galego

AgadicA Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros en seis liñas de axuda ao sector audiovisual en galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). As distintas categorías son: produción audiovisual, creación audiovisual, desenvolvemento de proxectos audiovisuais, curtametraxes e videoclips, proxectos interactivos e amortización de custos de produción de proxectos de interese cultural.

Todas as modalidades acaban de ser publicadas pola Agadic no Diario Oficial de Galicia (DOG), agás as de concesión automática para a amortización de custos de produción, que serán convocadas proximamente.

O apoio económico ao sector audiovisual en galego é o seguinte:

-Producións ou coproducións en lingua galega con decidido contido artístico e cultural a cargo de produtoras independentes (longametraxes cinematográficas de ficción ou animación, óperas primas ou segundas longametraxes, telefilmes, documentais de creación ou de difusión cultural e longametraxes dixitais): 1.100.000 euros.

-Axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega -longametraxes de ficción, documentais, telefilmes, formatos innovadores para televisión, pilotos de series televisivas de animación-: 250.000 euros.

-Produción de curtametraxes en versión orixinal galega e videoclips: 200.000 euros.

-Desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega: 150.000 euros.

-Bolsas para a promoción do talento audiovisual galego, dirixidas a creadores/as individuais para a escrita de guións e a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital: 400.000 euros.

Todas estas convocatorias están publicadas nos DOG do 17 de febreiro e do 18 de febreiro.

A información completa pódese consultar tamén na Axencia Audiovisual Galega.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego