CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6741 votos
Votar | | | |


04-02-2009

Polo deporte galego en galego

Acto de sinatura do manifesto polo Deporte galego en galegoDiversos/as deportistas, clubs, entidades e persoeiros/as a nivel individual presentaron en Santiago de Compostela o manifesto "Polo deporte galego en galego" de compromiso de uso da lingua galega nas actividades deportivas.

O martes 3 de febreiro o Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela acolleu o acto de presentación de "Polo deporte galego en galego", un manifesto promovido pola Fundación Azkar e a Universidade de Santiago de Compostela e apoiado por numerosos/as deportistas, clubs, entidades e persoeiros/as a nivel individual.

Entre outros, no acto de presentación e sinatura do manifesto, de compromiso de uso da lingua galega nas actividades deportivas, participaron deportistas como Ezequiel Mosquera (Xacobeo), Manu Barral (Lobelle Santiago), a iudoca Sara Álvarez ou a ciclista Eva Castro; representantes de distintas entidades e clubs como Marta Souto (directora xeral para o Deporte), Elía Torres (vicerreitor da USC), Terio Carrera (xefe de Deportes da Radio Galega), Ignacio Eguíbar (xerente da SA do Plan Xacobeo), Manuel Vázquez (presidente do Azkar Lugo), Pilar Neira (adestradora da selección nacional feminina de fútbol), representantes de federacións ou agrupacións de taekwondo, tiro con arco, deportes extremos, halterofilia, etc., e outros persoeiros como Carlos Blanco ou Jorge Mira.

A CTNL, presente no acto, tamén apoiou o manifesto.


MANIFESTO POLO DEPORTE GALEGO EN GALEGO

As persoas que aquí estamos cremos nos valores que o deporte nos ofrece, amamos o deporte como actividade de superación e mellora constante, de responsabilidade e de dedicación.

Cremos no deporte como lugar de encontro e fraternidade.

Iso é o que entendemos que é a nosa lingua: o espazo onde melloramos e onde nos encontramos, o vínculo referencial e colectivo de todas as galegas e todos os galegos; a nosa maneira de estar no mundo e estender a todo ese mundo unha mensaxe de respecto e fraternidade.

Hoxe abrimos este Foro do Deporte Galego en Galego, impulsado pola Fundación Azkar e a Universidade de Santiago de Compostela a través da Vicerreitoría de Cultura, co compromiso de que a nosa lingua común sexa a nosa forma habitual de expresión, o galego que nos une.

Queremos contribuír co noso esforzo no deporte, practicándoo, contándoo, vivíndoo, a un futuro mellor, onde gocemos do noso grande patrimonio vivo, onde podamos contar o esforzo e a superación, o triunfo e os novos retos, vivindo en galego.

Desde este Foro que hoxe comeza a andar, queremos facer un chamamento a todas as persoas que entenden o noso idioma como parte de todas e todos nós, particularmente a todas e todos os deportistas, institucións, entidades e, en xeral, a todas as xentes do deporte, a unírense a este Foro e a desenvolver, na medida das súas posibilidades, accións individuais ou colectivas, que permitan avanzar nese obxectivo, desde a fraternidade dunha Galiza cada vez mellor e nunha sociedade máis xusta e máis humanizada, máis deportiva.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego