CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7880 votos
Votar | | | |


16-01-2009

Cazador de palabras quere amosar o lado máis curioso e divertido da lingua na TVG

Cazador de palabrasO novo docushow divulgativo da televisión pública emítese os xoves ás 21.45 h co obxectivo de transmitirlles aos/ás espectadores/as a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua.

Este novo programa de entretemento lingüístico, presentado por Matías Tarrío e dirixido por Luz Méndez, é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular. Así, en cada entrega, Cazador de palabras escollerá un tema e viaxará a través del coa intención de recoller palabras moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas dialectais e curiosas pola súa historia e evolución. Sempre coa complicidade dos/as propios/as falantes e de especialistas, xa que serán eles/as os/as que exemplifiquen o uso que fan de determinadas palabras a través das súas prácticas cotiás.

En cada capítulo, o programa sairá á caza de palabras relacionadas cun determinado tema: o deporte, os oficios, a música, o mar..., para analizar o léxico a través de diversas seccións. En De onde veñen sendo?, o apartado que abre o programa, o espectador debe adiviñar a procedencia de dúas persoas que falan sobre un determinado tema, situándoas sobre un mapa de Galiza que posúe tres puntos ben diferenciados lingüisticamente.

A historia da lingua tamén terá un oco xa que, en Grandes momentos do galego, Cazador de palabras rememorará os feitos máis significativos da historia do galego coa axuda de imaxes e documentación; Etimoloxía, que recolle palabras de orixe etimolóxica curiosa e divertida, e Recitados e trabalinguas, en que unha persoa coñecida para o público recita un trabalinguas ou un poema infantil da tradición oral galega, serán as seccións que pechen un espazo que terá unha duración aproximada de media hora.

O primeiro dos capítulos, dedicado ao deporte, pode verse xa na televisión á carta da TVG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego