CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8812 votos
Votar | | | |


15-01-2009

O Concello de Fisterra convoca unha praza laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 15 de xaneiro publícanse as bases da convocatoria para a contratación temporal dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística no concello de Fisterra mediante o concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días.

O obxecto da convocatoria é a contratación como persoal laboral temporal dun/a normalizador/a lingüístico/a no concello de Fisterra, en base á subvención que outorga a Deputación Provincial da Coruña a través de convenio de cooperación para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística.

A contratación realízase a través da modalidade de contrato de obra ou servizo a xornada laboral completa e cunha duración até o 31 de decembro de 2009 cunhas retribucións anuais brutas de 15.104,40 euros.

Para poder participar concurso de méritos as persoas candidatas reunirán os seguintes requisitos:

a) Ser español ou española ou nacional de calquera estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatíbel co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido nunca separado/a ou suspendido/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública.

A instancia para participar no presente concurso (conforme ao modelo que figura no anexo I da convocatoria) deberá unirse a documentación seguinte:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para cubrir a praza

c) Fotocopias compulsadas dos méritos que se pretendan alegar. A experiencia profesional acreditarase coa presentación do correspondente informe de vida laboral actualizado. Non se terán en conta nin serán avaliados os que non sexan debidamente acreditados, en todos os seus extremos, no momento de presentación das solicitudes.

As solicitudes dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello de Fisterra, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de cinco (5) días naturais que se contarán a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A selección realizarase en dúas fases: valoración de méritos e entrevista.

1ª fase. Valoraranse os seguintes méritos, conforme aos baremos que se indican:

1. Titulacións que se esixen para participar na convocatoria e relacionadas co traballo:
  • Título de licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Hispánica (sección galego-portugués): 2 puntos.


2. Coñecemento do galego:
Computarase só o nivel máis alto:
  • Curso de iniciación: 0,25 puntos.

  • Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

  • Curso de linguaxe administrativa galega, nivel medio: 0,75 puntos.

  • Curso de linguaxe administrativa galega, nivel superior: 1 punto.


3. Cursos formativos:
Cursos formativos relacionados coas tarefas que se van desenvolver e o coñecemento da informática: valoraranse ata un máximo de 2 puntos da seguinte maneira:

  • Cursos de menos de 40 horas de duración: 0,25 puntos cada un.

  • Cursos de máis de 40 horas de duración: 0,5 puntos cada un.


4. Experiencia profesional:
Poderase obter ata un máximo de 6 puntos, valorándose da seguinte maneira:
  • Polos servizos prestados como tradutor ou normalizador na Administración Pública: 0,20 puntos por cada mes de servizo.

  • Pola impartición de cursos de galego para a Administración Pública: 0,20 puntos por cada curso impartido.

  • Polos servizos prestados como tradutor ou normalizador nunha empresa privada: 0,15 puntos por cada mes de servizo.


2ª Fase. A entrevista curricular realizarase, sempre que a Comisión de Selección o considere adecuado, para valorar a adecuación do/a aspirante aos requirimentos específicos da praza así como o coñecemento da realidade socio-cultural do Concello. A puntuación máxima na fase da entrevista será de 2 puntos.

Pode consultar as bases completas da convocatoria nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego