CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11742 votos
Votar | | | |


20-11-2008

Cobertura laboral temporal con carácter interino dunha praza de técnico/a de normalización lingüística

O Concello de Redondela selecciona un/ha traballador/a para cubrir un posto de técnico/a de Normalización Lingüística en réxime de contratación laboral temporal, na modalidade de interinidade. O posto atópase incluído na oferta pública de emprego do Concello de Redondela do ano 2007. A contratación terá efectos até a cobertura definitiva do posto.

Para poder participar na selección, as persoas aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

  • Ser español/a ou nacional doutro Estado membro da Unión Europea ou estranxeiro/a residente legalmente en España

  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa

  • Ter cursados e aprobados tres cursos completos da licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, ou en filoloxía galega.

  • Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

  • Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin estar sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Ter ingresado na conta núm. 2080 0209 51 0040001328 do Concello de Redondela a cantidade de 15 € como dereitos de exame.



As instancias, que se dirixirán ao concelleiro delegado de Normalización Lingüística, presentaranse no rexistro xeral do Concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria nun dos diarios de maior difusión da provincia, na páxina web do Concello de Redondela e no taboleiro de anuncios (publicouse o 18 de novembro).

O proceso de selección constará de dúas partes:

Concurso
Nel avaliaranse os seguintes méritos:
a) Por ter realizado funcións de técnico/a de normalización linguística en entidades da administración local: 0,20 puntos por mes. Se os servizos se prestaron noutra administración pública: 0,15 puntos por mes. Nos dous casos a puntuación máxima por este apartado será de 2 puntos. Os servizos acreditaranse cunha certificación na que se acredite a natureza dos servizos prestados.

b) Por participación en cursos impartidos polo INAP, EGAP ou calquera outro organismo oficial competente para impartilos e sempre que teñan relación coas funcións propias do posto: 0,25 puntos por cada curso. Non se computarán xornadas, seminarios, congresos ou similares:
Puntuación máxima: 1 punto.

c) Por titulacións ou certificados de estudos oficiais superiores aos esixidos para acceder ao posto, aínda que non se avaliarán os que serviron para obter os superiores que se aleguen como mérito:
Puntuación máxima: 2 puntos.
Doutoramento exclusivamente en filoloxía galego-portuguesa, en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica, sección galego-portugués: 2 puntos
Licenciaturas nas anteriores titulacións: 1.50 puntos

Fase de oposición
Constará de dous exercicios:
1- Consistirá en responder por escrito a cinco preguntas sobre o programa anexo a estas bases durante o tempo que determine o tribunal. No exercicio terase en conta a calidade lingüística e será cualificado, en total, de 0 a 10 puntos, e será necesario para aprobar obter a puntuación mínima de 5 puntos.
2- Realizarano exclusivamente aqueles/as aspirantes que superen o exercicio anterior e consistirá na presentación e defensa ante o tribunal dunha programación sobre normalización lingüística para un servizo municipal destas características no Concello de Redondela. O tempo de realización deste exercicio será determinado polo tribunal. Nel tamén se terá en conta a calidade lingüística. A puntuación total será de 0 a 10 puntos, e será necesario para aprobar obter un mínimo de 5 puntos.

Pode consultar as bases completas así como o modelo de solicitude nesta ligazón

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego