CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


2388 votos
Votar | | | |


11-11-2008

Corrección de erros da Convocatoria do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento de SNL

Deputación da CoruñaA Deputación da Coruña publica no BOP do11 de novembro de 2008 a corrección de erros da Convocatoria do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011. O prazo de solicitude é dun mes.

Como xa adiantamos na nosa páxina, os convenios serán por tres anos, do 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de decembro de 2011, e nas bases do programa recóllese que o obxectivo dos SNL será o de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal, non só no seo da propia administración, e especifícanse cales deben ser as súas funcións: asesorar á administración en todo o relacionado coa política lingüística; velar pola cumprimento da lexislación; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade; promover e coordinar redes de traballo; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos; mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración; coordinarse coa Deputación e outros concellos para planificar e executar accións de normalización; etc.

Con respecto á titulación, categoría laboral e contratación, as bases sinalan que os SNL deberán contar, cando menos, cun/ha especialista titulado/a superior en lingua galega: licenciado/a, en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera outra licenciatura sempre que posúa o Celga 5. A súa categoría profesional será a de técnico/a de normalización lingüística. A súa contratación farase mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito e capacidade do candidato ou candidata.

Poderán participar na convocatoria todos os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos que cumpran cada un deles o requisito do número de habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego