CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8683 votos
Votar | | | |


03-10-2008

´A lingua fendida: o audiovisual e o galego´ , foro da Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual promove o debate sobre ´A lingua fendida: o audiovisual e o galego´ no Festival de Ourense durante os días 14 e 15 de outubro. É a sexta edición das xornadas de reflexión e debate Foro Academia Aberta no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense



Nesta edición e baixo o título "A lingua fendida" analizarase a cuestión da lingua como marca de singularidade do sector audiovisual galego. As xornadas de debate contarán con profesionais galegos que analizarán a relación entre a lingua e o cinema e tamén atenderase a cales deben ser as características da lingua do audiovisual.

No primeiro día deste foro de debate da Academia do Audiovisual Galego presentaranse outras realidades cinematográficas baixo a epígrafe "Tan lonxe? Tan preto?"; entre elas cómpre salientar a presenza de representantes do cinema do Quebec, Gales, Euskadi e Catalunya que achegarán a problemática actual de cada industria.

Para o segundo día, o 15 do outubro, está programado o debate sobre "O galego no audiovisual" desde catro perspectivas ("Dende a fenda da lingua", "Dende a fenda da arte", "Dende a fenda socio-cultural" e "Dende a fenda da economía"). Para rematar estas xornadas, conmemoraranse os 25 anos da dobraxe en galego.

Podes inscribirte e consultar o programa deste foro na páxina da Academia do Audiovisual Galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego