CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2120 votos
Votar | | | |


27-09-2008

Convocatoria de Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

Curso de ferramentas multimedia para a normalización lingüísticaA CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a traballadores/as de normalización lingüística. O curso estará centrado no aproveitamento práctico das principais ferramentas multimedia e terá lugar os días 18, 24 e 25 de outubro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
O prazo de preinscrición está aberto até o 9 de outubro.

O obxectivo principal do curso é que as persoas participantes coñezan as vantaxes e aprendan a manexar algunhas ferramentas multimedia básicas que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística, como blogs; podcast; publicación de textos, fotos, animacións, vídeos e son na rede; traballo colaborativo en internet; manexo e aproveitamento de redes sociais; etc.

O curso será impartido por Luciano Fernández Martínez, terá unha duración total de 24 horas e desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela durante o sábado 18 de outubro todo o día, o venres 24 pola tarde e o sábado 25 todo o día.

Este curso conta coa coorganización do Departamento de Filoloxía Galega da USC e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de preinscrición estará aberto até o 9 de outubro, e debe facerse a través do formulario que acompaña á información completa do curso.


Ligazóns relacionadas

Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego