CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8211 votos
Votar | | | |


26-09-2008

Convocatoria do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento de SNL

UTNL Deputación Coruña
A Deputación da Coruña publica no BOP do 26 de setembro de 2008 a Convocatoria do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüísta, anualidades 2009-2011. O prazo de solicitude é dun mes.


Como xa se adiantou aquí, os convenios serán por tres anos, do 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de decembro de 2011, e nas bases do programa recóllese que o obxectivo dos SNL será o de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal, non só no seo da propia administración, e especifícanse cales deben ser as súas funcións: asesorar á administración en todo o relacionado coa política lingüística; velar pola cumprimento da lexislación; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade; promover e coordinar redes de traballo; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos; mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración; coordinarse coa Deputación e outros concellos para planificar e executar accións de normalización; etc.

Con respecto á titulación, categoría laboral e contratación, as bases sinalan que os SNL deberán contar, cando menos, cun/ha especialista titulado/a superior en lingua galega: licenciado/a, en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera outra licenciatura sempre que posúa o Celga 5. A súa categoría profesional será a de técnico/a de normalización lingüística. A súa contratación farase mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito e capacidade do candidato ou candidata.

Poderán participar na convocatoria todos os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos que cumpran cada un deles o requisito do número de habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Presentación e explicación do programa no II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

O deputado responsábel da Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, o nacionalista Xoán Sande, xunto co interventor adxunto, Juan Bautista Suárez, presentarán e explicarán este programa no II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar o 22 de outubro no Pazo de Mariñán, organizado pola propia Deputación da Coruña coa colaboración e xestión da CTNL.


Ligazóns relacionadas

Convocatoria do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüísta, anualidades 2009-2011 e anexo de solicitude

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego