CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1639 votos
Votar | | | |


30-07-2008

O anteproxecto de Lei do comercio interior garante os dereitos lingüísticos da cidadanía

Comercio galego. As cores da rúa
A nova Lei do comercio interior de Galiza, de que se acaba de presentar o seu anteproxecto, recolle a garantía dos dereitos lingüísticos dos consumidores e da cidadanía, a través da inclusión dun artigo no texto para este efecto.


Esta nova circusntancia vén cumprir o Plan xeral de normalización da lingua galega pois nel marcábase como medida específica para a normalización do comercio crear "unha iniciativa lexislativa que recoñeza mellor os dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios". Cómpre lembrar, pois, que o texto do PXNLG foi aprobado por unanimidade dos membros do parlamento e de todas as forzas políticas en 2004.


Para cumprir con este precepto, o anteproxecto de Lei do comercio interior de Galiza inclúe un artigo cuxa redacción é a seguinte:

Artigo 8. Dereitos lingüísticos das persoas consumidoras

1. O exercicio da actividade comercial levarase a cabo con rigoroso respecto aos dereitos lingüísticos das persoas consumidoras. Ninguén poderá ser discriminado ou atendido incorrectamente por razón da lingua oficial empregada.

2. A sinalización, os carteis informativos e os documentos de oferta de servizos para as persoas consumidoras dos establecementos abertos ao público deben ser redactados,
ao menos, en galego. Esta norma non se aplica ás marcas, aos nomes comerciais e aos rótulos amparados pola lexislación da propiedade industrial.

3. Os poderes públicos galegos garantirán o exercicio dos dereitos establecidos nos parágrafos anteriores e para tal fin, prestarán todo o asesoramento que, no seu caso, for preciso.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego