CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


5866 votos
Votar | | | |


03-07-2008

En galego tes todo por vivir. Tócache! Nova campaña de promoción lingüística

E logo! Tócache!A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar unha nova campaña para a promoción da lingua galega, En galego tes todo por vivir. Tócache!, que se centra na publicidade en medios de comunicación e noutras iniciativas como xogos ou concursos. Está especialmente dirixida á mocidade.

En galego tes todo por vivir. Tócache!, é o lema da continuación da campaña E logo! que nos próximos días vai comezar a ter presenza publicitaria nos medios de comunicación e que será o marco dunha serie de actividades lúdicas e de dinamización lingüística.

Asociado á campaña actualizouse o web de galegoelogo.com, ao que agora se pode acceder tamén desde www.palabrasencadeadas.com. Nese espazo na rede irase dando conta das diferentes iniciativas.


Primeiras iniciativas
  • Publicidade: haberá novos anuncios na televisión, cuñas de radio, cartelaría, anuncios na prensa, etc.

  • Palabras con gancho: xogo no que se lles distribuirán palabras ás persoas participantes coa finalidade de que as leven a diversos sitios, lles fagan fotos, vídeos, as enganchen con outras palabras, haxa quedadas de portadores/as de palabras, se conten as súas vivencias na rede, etc. [+info]

  • Enfoca o galego II: nova edición do concurso de fotografía a palabras ou frases en galego en lugares públicos. [+info]

A Mesa pide a suspensión da campaña

A Mesa pola Normalización Lingüística reclama "a suspensión inmediata" desta nova campaña e "que o diñeiro previsto para ela se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído". Segundo o presidente da Mesa, "sobra propaganda e faltan medidas".


A nova nos medios


Ligazóns relacionadas

www.palabrasencadeadas.com

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego