CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7600 votos
Votar | | | |


18-06-2008

O novo navegador Firefox 3 xa se pode usar en galego

FirefoxA nova versión acabada de lanzar do máis popular navegador de código aberto, o Firefox de Mozilla, xa dispón de versión en galego desde o principio, grazas ao paquete de idioma traducido por Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Sóftware Libre de Galiza.

Se xa descargaches a última versión do Firefox 3 xa podes empregalo en galego. Se aínda non a descargaches, podes facelo en: http://www.mozilla-europe.org/es/firefox/.

Para utilizalo en galego, tanto se usas Linux, Mac ou mesmo Windows é igual de sinxelo: só terás que descargar o paquete de idioma e despois arrastralo a unha xanela aberta do teu novo Firefox 3. Automaticamente preguntarache se desexas instalalo: dille que si..., e xa está!

Desde Mancomún, que se encargaron desta tradución, avisan de que se se atopan erros na tradución se avise enviando un correo a galician@mozdev.org.

Este paquete de idioma que se ofrece agora non é aínda a versión definitiva, pois está pendente dunha revisión completa e de ser validada pola Fundación Mozilla. Desde Mancomún contan que a versión definitiva estea entre mediados e finais de xullo.


Ligazóns relacionadas

Descarga do Firefox 3 Paquete de galego e instrucións (Mancomún)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego