CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


96 votos
Votar | | | |


26-03-2024

A Xunta de Galicia convoca subvencións para que as entidades locais promovan a lingua

Servizos de normalización lingüística
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou as subvencións anuais para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (agás as deputacións). Prazo: até o 26 de abril.


No DOG do 26 de marzo de 2024, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a orde do 13 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A). Estas axudas son xestionadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

DESTINATARIOS

Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes. Quedan excluídas desta convocatoria as deputacións provinciais.

ORZAMENTO

Contía inicial máxima: 350.000 euros

MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN

a) Creación dun servizo de normalización lingüística, que inclúe a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística
b) Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística, que inclúe a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística
c) Desenvolvemento de accións e programas de dinamización lingüística por unha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.

Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria. A prestación de servizos de normalización lingüística implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, polo tanto, as tres modalidades de axuda incluirán a súa realización. Para o caso das modalidades a) e b), consideraranse subvencionables, ademais dos gastos de persoal, os gastos que supoña a realización de accións ou actividades de dinamización lingüística.

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2024

PRAZO DE SOLICITUDE

Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir, até o 26 de abril de 2024.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).

PERFIL TÉCNICO DO SNL

O persoal técnico dos SNL debe deberá estar encadrado dentro do grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social e ter algunha das seguintes titulacións: grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

FUNCIÓNS DO SNL

De acordo coas bases das axudas, as funcións dos SNL son entre outras as seguintes:

Funcións internas:

1º. Asesorar a Administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.
2º. Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios para cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos dos/das aspirantes.

Funcións de dinamización lingüística:

1º. Planificar, xestionar, executar e avaliar accións dinamizadoras a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
2º. Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
3º. Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo e empresarial, no ámbito local.
4º. Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto do uso da lingua galega.

Funcións de formación sociolingüística:

1º. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
2º. Impartir cursos de formación en lingua galega, de acordo coa programación de cada entidade local.
3º. Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación e recursos lingüísticos.
4º. Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local.
5º. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
6º. Definir e propoñer criterios lingüísticos para a organización.
7º. Resolver dúbidas lingüísticas.
8º. Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.

Funcións de coordinación:

1º. Apoiar a difusión das accións dinamizadoras desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
2º. Coordinarse, de ser o caso, coa Rede de dinamización lingüística para planificar, xestionar, executar e avaliar accións de fomento do uso do galego, de acordo cos criterios e as pautas de traballo establecidas pola coordinación técnica da propia rede.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística
-Poboación
-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)
-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística
-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua
-Inclusión de formación lingüística

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte
-Mocidade
-Tecnoloxías da información e da comunicación
-Tecido económico e empresarial
-Servizos sociais
-Perspectiva de xénero e igualdade e cultura inclusiva e accesible

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

O prazo de xustificación das axudas concedidas acaba o 21 de outubro de 2024.

Orde completa, en .pdf (DOG do 26 de marzo de 2024)
Extracto da convocatoria, en .pdf (DOG do 26 de marzo de 2024)
Información sobre esta convocatoria no Portal da Lingua Galega

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego