CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7109 votos
Votar | | | |


12-06-2008

Ir Indo paraliza o seu dicionario na rede Digalego.com e pide rectificacións de Política Lingüística

Digalego.com paralizadoCoincidindo co Día do Libro, o 23 de abril, a Editorial Ir Indo puxo en marcha o dicionario de galego Digalego.com, un ambicioso proxecto que agora retira da rede até que a SXPL rectifique as bases dun concurso público para financiar un dicionario en liña.

Segundo declaracións de Bieito Ledo, fundador da editorial, a Vieiros, "a resposta da SXPL foi que o concurso non se ía repetir, porque xa existe un dicionario en liña de galego, o da RAG, aínda que conta con moi poucas entradas (15 mil, por 65 mil do de Ir Indo) e non contén as modificacións normativas de 2003".

Segundo publica A Nosa Terra, ao concurso da SXPL presentáronse dúas propostas, e a de Ir Indo foi excluída por non figurar no seu obxecto social a creación de traballos para internet, senón para o papel.

"Concedéronlla, pero as bases estaban mal feitas", explica Bieito Ledo. "Valoraban a traxectoria da empresa, por un programa de puntos, pero o que era o contido do dicionario, non". Valoraban as correspondencias a outras linguas, pero non o número de entradas, as etimoloxías, que fose interactivo... O caso é que a empresa admitida para a adxudicación do contrato non contemplara o contido do dicionario como base de datos terminolóxica, e finalmente o concurso quedou declarado deserto, segundo publica A Nosa Terra.

Mentres tanto, o Digalego.com, analizado neste web da CTNL por Luz Cures, xa non está en rede.

Comunicado completo que Ir Indo publicou:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística con data 10 de setembro de 2007 publicou no Diario Oficial de Galicia un concurso público para financiar un dicionario na rede (debido a que só había -e segue habendo- o da Real Academia Galega, con 15.000 entradas e na normativa anterior). Despois de adxudicarllo a unha empresa tivo que declaralo deserto debido a un gran fallo na redacción das bases.

Ante esta decisión IR INDO EDICIÓNS retira da rede o seu dicionario ata que a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifique as bases e volva convocar, en concurso público, este servizo.

Pedimos desculpas aos milleiros de internautas que neste curto período de tempo nos visitaron, e que incluso nos enviaron os seus parabéns.

Confiamos en estar con vós o antes posible.


Ligazóns relacionadas

Ir Indo paraliza o seu dicionario na rede (A Nosa Terra) Ir Indo retira o seu dicionario en liña e esixe un concurso público de axudas para o seu mantemento (Vieiros) Digalego.com

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego