CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1571 votos
Votar | | | |


04-07-2022

A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que equipare a praza de TNL ao subgrupo A1

Concello de Val do Dubra
A CTNL dirixiuse ao Concello de Val do Dubra para solicitarlle a modificación das bases da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística co fin de equiparala a un subgrupo A1 da función pública.




O Concello de Val do Dubra publicou no BOP do 20 de xuño de 2022 as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e apoio á Secretaría, como funcionario/a interino/a. Esta praza figura clasificada nas bases como grupo A, subgrupo A2, nivel de complemento de destino 26, pertencente á escala de Administración especial.

A CTNL congratúlase de que se retome o Servizo de Normalización Lingüística no Concello de Val do Dubra coa creación desta praza.

No entanto, consideramos inadecuado o perfil laboral que se establece nas bases, tendo en conta tanto as funcións que se deben desenvolver como os requisitos de titulación marcados na propia convocatoria. Tendo en cota estes dous aspectos, o perfil adecuado debería ser un grupo A, subgrupo A1. Por outra parte, este é o perfil profesional sinalado nas convocatorias de axudas para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística, tanto da Xunta de Galicia como da Deputación Provincial da Coruña.

Por este motivo, a CTNL dirixiu o 30 de xuño unha solicitude ao Concello de Val do Dubra para que modifique as bases e corrixa este desaxuste entre as funcións e o perfil da praza.

Escrito dirixido ao Concello de Val do Dubra, en pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego