CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


3946 votos
Votar | | | |


30-04-2022

Aquí medra a lingua, experiencias de dinamización do uso do galego na escola

Aquí medra a linguaO pasado luns o Consello da Cultura Galega finalizou a publicación na rede da serie documental Aquí medra a lingua. Nela analízanse as experiencias de seis centros educativos no ámbito da dinamización da lingua galega.

Durante seis semanas, o Consello da Cultura Galega presentou outras tantas experiencias para promover a lingua desde centros educativos. Nesta serie dáselles voz a alumnado, profesorado, familias e veciñanza de centros de diferentes ámbitos e niveis educativos.

Alén do propio vídeo, en cada un dos capítulos destácase un interesante contido expandido, que recolle aspectos positivos, como se organiza o centro, actividades de éxito e propostas de mellora.

Capítulo 01: "Modelo Burela" no IES Perdouro (Burela, Lugo)

Bernardo Penabade é unha referencia habitual no ámbito da dinamización lingüística escolar en Galicia. Foi o impulsor no ano 2003 de Modelo Burela, un proxecto que segue vixente case vinte anos despois e do que destaca o programa de Radio Neo, protagonizado por neofalantes. Pero Modelo Burela é máis: actividades de prestixio da lingua galega, integración de alumnado migrante e, tamén, unha maneira de transformar a sociedade da que a escola é parte.

Capítulo 02: "Reforzar o propio" no CPI Virxe da Saleta (Cea, Ourense)

Unha crise convertida en oportunidade. Así reaccionaron no CPI Virxe da Saleta de Cea ao lume que no 2010 destruíu parte das súas instalacións e que acabou provocando un cambio de rumbo do seu proxecto educativo incorporando máis actividades, máis comunidade e máis galego. Como centro integrado, a rapazada está no colexio dende 4º de Infantil ata 4º da ESO e acaban sendo eles os que motivan o profesorado que chega novo a falar a lingua propia.

Capítulo 03: "Activistas da lingua" no IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña)

No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades, senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.

Capítulo 04: "Alianzas necesarias" no CEIP Barouta (Ames, A Coruña)

O CEIP Barouta de Ames foi un dos centros que participou do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, unha investigación da Real Academia da Galega (RAG) que segundo lembra o CCG acendeu todas as alarmas sobre o uso do galego entre a infancia e a xuventude. Aínda que a investigación rematou, a colaboración coa RAG segue en marcha para redeseñar o seu Plan de Dinamización Lingüística e atender aos desafíos que presentan os novos datos.

Capítulo 05: "Militantes da contorna" no CRA Nosa Señora do Faro (Ponteceso, A Coruña)

O Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro inclúe oito escolas nos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Son contornos maioritariamente galegofalantes pero a súa infancia non é allea á presenza maioritaria do castelán no seu lecer. Por iso apostan por integrar moito o contorno no día a día da escola, tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Militar na contorna para fornecer a raíz e a autoestima.

Capítulo 06: "Da emoción á competencia" no CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra)

No CEIP de Moaña son conscientes de que o uso do castelán no contorno do centro é maioritario e que a transmisión interxeracional do galego dentro das familias hai tempo que non se produce. Por iso promoven o seu uso con actividades cunha importante dimensión emocional, para espertar apego pola lingua e que o alumnado remate a Primaria podendo expresarse tamén en galego.

Aquí medra a lingua é un proxecto deseñado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega que busca amosar que as escolas son un cómplice indispensábel na lingua galega e da súa transmisión, dando voz ás proias persoas protagonistas que ofrecen un relato fiel dos proxectos que se están a desenvolver en diferentes centros de toda Galicia.

Esta esta serie está dirixida por Cristina de la Torre.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego