CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8000 votos
Votar | | | |


15-07-2020

A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais

V Xornada de Onomástica Galega
A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes comerciais. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, e os relatorios tamén serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.


O programa desta V Xornada de Onomástica Galega prestará atención aos nomes comerciais, que identifican todo tipo de produtos, bares, restaurantes e tendas, e deixan unha importante pegada na paisaxe lingüística, ata o momento pouco estudada entre os especialistas nos nomes propios da Península Ibérica.

PROGRAMA

9:45 h: inauguración

Primeira sesión

10:00-10:15 h: A denominación da disciplina, Antón Santamarina (Real Academia Galega)

10:15-11:00 h: O que vale un nome. Sobre marcas, empresas e dominios en Internet, Benigno Fernández Salgado (Universidade de Vigo)

Segunda sesión


11:00-14:30 h: Marcas galegas: tendencias e representacións, presenta Antón Palacio

- Deleite, Bico de Xeado... Os recursos lingüísticos ao servizo das marcas comerciais, María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela)

- As marcas e a súa relación coa paisaxe lingüística: a rotulación de Redondela, Sara Míguez (docente de ensino medio)

12:00-12:30 h Pausa

- As cabeceiras dos xornais galegos: unha viaxe pola historia, Víctor F. Freixanes (Real Academia Galega)

- A etiqueta que viste o viño. Achega ao nome das adegas, viños e licores da D.O. Ribeiro, Raquel Rodríguez Parada (IES Indalecio Pérez Tizón, Tui)

Terceira sesión

16:15-17:00 h: Nomes de bares e restaurantes: experiencia didáctica en Coia, Celtia Rei Brandón (IES Alexandre Bóveda, Vigo)

Cuarta sesión

Vender nomes propios. Mercado, marca, lingua, mesa redonda, modera Gonzalo Navaza

- Elena Ferro, Zoqueira (Vila de Cruces)
EFerro vende algo máis ca zocos. Vende tradición, orgullo de país e futuro con raíces.

- Xosé González Martínez (Vigo)
Fundador do Foro Enrique Peinador de empresas pola normalización da lingua e impulsor da campaña de etiquetaxe en galego “Con acento propio”

- Irene García e Raquel Boo (Santiago de Compostela)
Ekinocio. Estudio de deseño e comunicación
O nome galego como activo das iniciativas empresariais e culturais.

19:30: clausura

As sesións desenvolveranse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Os relatorios serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.

RECOÑECEMENTO COMO ACTIVIDADE FORMATIVA PARA O PROFESORADO
A xornada está en proceso de obter o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 1 de novembro a publicacions@academia.gal en que figuren os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Enderezo postal completo
- Correo electrónico
- Teléfono
- Datos profesionais

Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.

Máis información aquí.

Programa en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego