CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


15 votos
Votar | | | |


21-04-2020

Queremos Galego mantén as mobilizacións do 17 de maio desde as casas

Precisamos do galego
A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, anima a sociedade a celebrar o Día das Letras Galegas desde as casas, reivindicando a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión.






A plataforma cidadá Queremos Galego anima a sociedade galega a manter as mobilizacións do 17 de maio nun formato diferente, desde as nosas casas e a través das nosas redes sociais.

A proposta de Queremos Galego é pendurarmos de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces que reivindiquen a nosa lingua co lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión, o escollido pola plataforma para os actos reivindicativos do Día das Letras Galegas de 2020.

Queremos Galego ofrece desde o seu web e redes sociais (Facebook, Twitter) os materiais para partillarmos nas nosas xanelas e redes. Alén destes materiais, tamén se recomenda compartir fotos, lemas e vídeos doutras convocatorias, xunto cos cancelos #PrecisamosDoGalego, #QueremosGalego e #17demaio, durante todo o Día das Letras Galegas e especialmente ás 12.00 h, hora de comezo da manifestación. Para pechar a manifestación virtual, ás 13.00 sairemos á xanela para cantar "A fala" (letra: Manuel María; música de Uxía e Sérgio Tannus).

A plataforma cidadá pretende, desta maneira, manter o 17 de maio a reivindicación de avances reais para o galego, aproveitando a data para recordar a obriga que teñen todos os poderes públicos de cumprir co sinalado tanto polo Comité de Ministros do Consello de Europa como polo relator especial da ONU para as minorías nacionais. Queremos Galego recorda que ambos os dous organismos internacionais advertiron expresamente da necesidade de garantir que a cidadanía galega poida empregar a súa lingua en ámbitos como a xustiza, a administración pública e o ensino.

O mesmo Consello de Europa indicou recentemente a obriga dos poderes públicos de daren información sobre a COVID-19 nas linguas propias. A este respecto, Queremos Galego xa levou a cabo unha campaña de recollida de sinaturas para pedir ao presidente da Xunta que empregue o galego nas súas comparecencias públicas, pois, deixando de lado a nosa lingua en mensaxes de tanta relevancia, incide en prexuízos sobre o prestixio do galego e a súa utilidade e capacidade para transmitir á cidadanía os temas de máis interese social.

Queremos Galego lembrará, tamén, o 17 de maio a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor que se homenaxea este ano con motivo das Letras Galegas, a través do manifesto que elaborou Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña, activista pola lingua e discípula de Carvalho Calero. Este texto, publicado o 4 de maio, é unha carta dirixida ao profesor Carvalho Calero, onde lle explica as razóns para reivindicar permanentemente a nosa lingua.

Máis información no web de Queremos Galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego