CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7624 votos
Votar | | | |


06-09-2019

O SNL de Ames organiza unhas Xornadas de Toponimia no Ensino

Xornadas de Toponimia no Ensino
O SNL do Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado. Terán lugar os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de tarde. Con elas búscase o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Matrícula aberta até o 11 de setembro.


A través destas xornadas preténdese:

- dar a coñecer a riqueza da toponimia amesá para contribuír ao recoñecemento do seu valor como patrimonio inmaterial e sinal de identidade colectiva e de identificación co territorio;

- achegar o profesorado asistente aos conceptos básicos de toponimia (orixe dos nomes de lugar, clasificación, recollida, usos...);

- coñecer as ferramentas e recursos bibliográficos e tecnolóxicos para traballar cos nomes de lugar;

- aproximarse ás diferentes aplicacións didácticas que pode ter a toponimia, especialmente relevantes en áreas como coñecemento do medio, historia, TIC, educación física, lingua...;

- coñecer, deseñar e poñer en común proxectos colaborativos para traballar cos nomes de lugar nos diferentes niveis e áreas de ensino incidindo na conservación e transmisión do patrimonio; e

- fomentar a través da toponimia a implicación social da comunidade amesá no proceso de normalización lingüística.

Esta actividade formativa está dirixida preferentemente ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames, e desenvolverase de forma presencial no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ademais, cada participante nas xornadas deberá completar 4 horas de traballo persoal non presencial. En total serán 16 horas de formación, homologadas pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Contido das xornadas

Nas Xornadas de Toponimia no Ensino achegaranse nocións sobre os conceptos básicos de toponimia (orixe dos nomes de lugar, clasificación, recollida, usos…); divulgación da toponimia amesá; recursos bibliográficos e tecnolóxicos para traballar cos nomes de lugar; aplicacións didácticas da toponimia en áreas como coñecemento do medio, historia, TIC, educación física, lingua...; utilidades da toponimia como ferramenta de normalización lingüística; e propostas para traballar coa toponimia en educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

Alén da base teórica das diversas intervencións, as xornadas serán fundamentalmente prácticas. Nelas daranse a coñecer propostas para traballar coa toponimia desde diferentes áreas e niveis co obxectivo de que xurdan proxectos colaborativos que impliquen e estimulen a comunidade amesá no proceso de normalización lingüística.

Proceso de inscrición e prazo

O límite de prazas é de 40, ás cales terá acceso preferente o profesorado dos centros de ensino de infantil, primaria, secundaria e bacharelato de Ames. De quedaren prazas libres, poderán asistir outras persoas interesadas en traballar a prol da normalización lingüística desde asociacións, ensino ou outros colectivos. O 70% das prazas estarán reservadas a profesorado que estea a prestar servizos en centros sostidos con fondos públicos. A inscrición nestas xornadas é totalmente gratuíta.

Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal cos seguintes datos: nome e apelidos; DNI; enderezo completo; número de teléfono; centro escolar no que traballa e materia que imparte. Para obter o certificado de asistencia cómpre participar, como mínimo, no 80% das horas totais do curso e presentar unha proposta de actuación.

As prazas cubriranse por orde de inscrición con preferencia para o profesorado en activo de centros públicos de Ames. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro.

Máis información no web do Concello de Ames.

Programa completo, en .pdf.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego