CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9717 votos
Votar | | | |


10-06-2019

Praza de tradutor/a na Deputación de Ourense como persoal funcionario interino

Deputación Provincial de Ourense
A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP de hoxe a convocatoria urxente dunha praza de tradutor/a de lingua galega como persoal funcionario interino. O sistema de selección será o concurso-oposición e o prazo de inscrición está aberto até o 17 de xuño.




No BOP de Ourense do 10 de xuño de 2019, a Deputación Provincial anuncia a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega (subgrupo A1) en réxime de interinidade.

TITULACIÓN REQUIRIDA

Licenciatura ou grao en filoloxía galega, filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), filosofía e letras (sección filoloxía hispánica, subsección galego-portugués), grao en ciencias da linguaxe e estudos literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüístico e literarios, lingua e literatura galegas, licenciatura ou grao en tradución e interpretación ou titulacións equivalentes.

TIPO DE CONTRATO E DURACIÓN

O contrato sera na modalidade de persoal funcionario interino polo tempo necesario ata a cobertura definitiva do posto de traballo.

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección farase mediante concurso-oposición.

Fase de concurso

A fase de concurso será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio e non poderá supor máis do 40% do total da puntuación. Valorarase:

a) servizos prestados na mesma ou análoga categoría (puntuarase ata un máximo de seis puntos)
b) cursos realizados relacionados coas funcións do posto (puntuarase ata un máximo de catro puntos)

A puntuación máxima na fase de concurso será de 10 puntos.

Fase de oposición: proba práctica

A proba práctica estará relacionada de xeito directo cos cometidos propios do posto de tradutor/a de lingua galega, así como co temario previsto no anexo III das bases.

A puntuación máxima que se pode outorgar á proba práctica será de 20 puntos e será necesario acadar 10 puntos para superala.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Con carácter xeral, as funcións da praza son as seguintes:

a) Realizar traducións do castelán ao galego ou á inversa en toda clase de documentos, en especial nos de maior complexidade lingüística.

b) Elaborar pregos e valoración das ofertas correspondentes á súa área de traballo.

c) Colaborar na organización dos respectivos servizos.

d) Prestar asesoramento, no eido das súas competencias e capacitación profesional, cando así sexa requirido dende as diferentes áreas ou servizos.

e) Asistir ás diferentes comisións ou reunións con outras institucións e/ou entidades privadas, relacionadas co seu ámbito de traballo.

f) Formar parte das mesas de contratación e dos procesos selectivos relacionados co seu ámbito de traballo.

g) Emisión de informes, dentro do seu eido competencial e profesional.

h) Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial en que se integra.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

O prazo será de 7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, até o 17 de xuño.

As instancias poden presentarse de acordo con dúas modalidades:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (norma que se estima vixente de acordo co establecido na disposición derrogatoria única en relación coa disposición final 7.ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas). Neste último caso, a Deputación solicita que se envíe copia da instancia ao número de fax 988385184.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, https://sede.depourense.es

Coa instancia (modelo normalizado que se inclúe na convocatoria e que está dispoñible no portal web corporativo da Deputación de Ourense) achegaranse os documentos acreditativos dos méritos a que fai referencia a base sétima da convocatoria (baremo de méritos) e o xustificante de pagamento da taxa de participación no proceso selectivo.

TAXAS

A taxa de participación neste proceso selectivo será de 19,00 €.

MÁIS INFORMACIÓN

Convocatoria e bases de selección en .pdf. (pp. 2-8)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego