CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


290 votos
Votar | | | |


29-03-2019

A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais

Servizos de normalización lingüística
A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O prazo para solicitar estas axudas remata o 29 de abril.


No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura e Turismo publicou a orde do 15 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A). Estas axudas son xestionadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN
1. Creación dun servizo de normalización lingüística
2. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística
3. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.

DESTINATARIOS
-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS
-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2019

PRAZO DE SOLICITUDE
-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir, até o 29 de abril de 2019

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).

CRITERIOS DE VALORACIÓN
-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística
-Poboación
-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística
-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua
-Inclusión de formación lingüística
-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN
-Deporte
-Mocidade
-Tecnoloxías da información e da comunicación
-Tecido económico empresarial
-Servizos sociais
-Perspectiva de xénero e igualdade

Alén de ser un ámbito prioritario, no artigo 6 bis tamén se especifica a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.

ORZAMENTO
O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 245.000 euros.

Orde completa, en .pdf.

ADDENDA
Resolución do 2 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 15 de marzo de 2019, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego