CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


13028 votos
Votar | | | |


01-11-2017

III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino

III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino
Os departamentos de Filoloxía Galega e de Didácticas Aplicadas da USC organizan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino, que este ano levan por título Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade. Enfoques e experiencias. Serán os días 17 e 18 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de novembro.


As III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino “Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade” pretenden ofrecer unha oportunidade para a reflexión sobre algúns aspectos da situación sociolingüística e do marco legal educativo galegos que teñen un impacto directo na docencia desta lingua, ao tempo que se ofrecen como foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para o profesorado de lingua e literatura galegas, en exercicio ou en formación.

Os dous centros de interese das xornadas serán as actitudes lingüísticas da mocidade, con especial atención ao tratamento na aula da complexa relación existente entre a variedade estándar e as variedades faladas vernáculas, e mais aos retos que impón o plurilingüismo na aula, con especial atención ao traballo integrado de linguas.

PROGRAMA

Venres, 17 de novembro

18:00–18:30: inauguración das xornadas

18:30–19:30: "Ensino e aprendizaxe de linguas en Galicia. Estratexias para un plurilingüismo inclusivo". Bieito Silva Valdivia (USC)

19:30–20:00: pausa

I. O traballo integrado de linguas (TIL) no ensino e aprendizaxe do galego

20:00–22:00: mesa redonda: "Experiencias TIL para o ensino secundario"
Isabel Serna Masiá (Inspección Educativa) (moderadora)
Ana Mª Rial Aparicio (IES Aquis Celenis, Caldas de Reis)
María Blanco Crespo (IES Xulián Magariños, Negreira)
Rosalía Fernández Rial (IES San Clemente, Santiago de Compostela)
Coloquio

Sábado, 18 de novembro (mañá)

10:00–11:30: "O TIL en Proxectos Lingüísticos de futuro: reflexión na busca de estratexias". Mercedes Queixas Zas (CPI Alcalde Xosé Pichel, Coristanco)
Coloquio

11:30–12:00: pausa

II. As variedades lingüísticas na aula e na planificación lingüística do centro

12:00–14:00: mesa redonda: "Actitudes ante as variedades lingüísticas"
Ana Iglesias Álvarez (UVigo)
Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel, Rianxo)
Ana Mª Rial Aparicio (IES Aquis Celenis, Caldas de Reis)
Coloquio

Sábado, 18 de novembro (tarde)

16:00–17:30: "As variedades lingüísticas: do currículo ao traballo na aula". Noemí Álvarez Villar (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
Coloquio

17:30–18:00: pausa

18:00–20:00: mesa redonda: "Lingua estándar e variedades non-estándar na aula"
Xosé Luís Regueira (USC) (moderador)
Valentina Formoso (IES Félix Muriel, Rianxo)
Leonardo Fernández Campos O Leo (IES Terra de Turonio, Gondomar)
Carlos Callón (CPI Afonso VII, Caldas de Reis)
María Vilariño (IES Agra do Orzán, A Coruña)
Coloquio

20:00-20:30: conclusións e clausura

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte)

Inscrición: gratuíta. Prazo: até o día 8 de novembro.

Máis información e inscrición aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego