CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


14330 votos
Votar | | | |


08-05-2017

Participa no noso concurso en Twitter e axúdanos a #quesevexaogalego!

Concurso Que se vexa! O galego
Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Este ano con tres premios!
Mira aquí as bases...




CONCURSO EN TWITTER PARA QUE SE VEXA! O GALEGO

1. Fai unha foto alí onde vexas o galego: nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou onde, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]

2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego enmarcada cunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 9 de maio ás 11.00 h e até o 30 de maio ás 17.00 h.
[P. ex., “Como che me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio!” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]

Haberá tres premios!
  • Un para a autora ou o autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que máis rechouchíos teña o día 30 de maio ás 17.00 h. Anunciarase o/a gañador/a ese mesmo día.

  • Outro para o autor ou a autora do chío que membros da directiva da CTNL consideren máis orixinal, positivo, etc. Anunciarase o/a gañador/a uns días despois de que acabe o concurso.

  • E outro para a persoa máis participativa, é dicir, para quen suba máis fotos diferentes cos criterios do concurso. Anunciarase o/a gañador/a uns días despois de que acabe o concurso.


Cada un dos tres PREMIOS consistirá en:


Veña, anímate a facer Que se vexa! O galego ;-)


Ligazóns relacionadas


Imaxe concurso en Twitter Que se vexa! O galego

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego