CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


13256 votos
Votar | | | |


27-05-2015

III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela

III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, organiza o III Congresso Internacional de Lingüística Histórica que ten lugar do 27 ao 30 de xullo en Santiago de Compostela


Santiago de Compostela, 27-30 de xullo de 2015

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela anuncia a celebración de Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica, que terá lugar entre os días 27 e 30 de xullo de 2015 en Santiago de Compostela e que estará dedicado a honrar os profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.

O III CILH ocorre na secuencia de Castilho – II CILH (São Paulo 2012), en homenaxe ao profesor Ataliba T. de Castilho, e de Rosae – I CILH (Salvador 2009), que honrou a profesora Rosa Virgínia Mattos e Silva, de feliz memoria. Esta terceira edición está organizada conxuntamente pola Universidade Federal da Bahia (Instituto de Letras), pola Universidade de São Paulo (Área de pós-graduação em Filologia e Língua Portuguesa, Cátedra de Estudos Galegos – DLCV / FFLCH) e pola Universidade de Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega).

Están convidados a participar neste congreso investigadores e investigadoras nos distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega, de maneira particular nos dominios da lingüística histórica e da historia da lingua, mais tamén doutras disciplinas como a ecdótica, codicoloxía e paleografía, a onomástica, a sociolingüística, a dialectoloxía e xeolingüística, a lingüística aplicada, a adquisición e desenvolvemento da linguaxe, a psicolingüística, a fonética e fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, a lexicoloxía, lexicografía e semántica, a lingüística textual, a análise do discurso, a pragmática e a lingüística computacional e de corpus.

Páxina do congreso, co programa, a inscrición e demais, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego