CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13538 votos
Votar | | | |


24-07-2014

A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal!

A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal!
A nosa lingua, a nosa cultura..., o noso país está de noraboa. Xa podemos navegar con personalidade propia. A nosa achega á rede xa está identificada. Estreamos dominio propio en internet. Estreamos o .gal!


As principais entidades públicas galegas, como a Xunta, o Parlamento, o Consello da Cultura, o Valedor do Pobo ou as tres universidades; as principais entidades deportivas, como o Dépor ou o Celta; medios de comunicación como a TVG, a Radio Galega, Praza, Sermos Galiza...; grandes empresas como Gadis ou R; todas as organizacións políticas con representación parlamentaria e entidades culturais varias son as pioneiras en comezar a utilizar o dominio galego en internet, o "punto gal", e, entre elas, tamén a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a través do enderezo web www.ctnl.gal.

O 25 de xullo de 2014, Día Nacional de Galicia, é un día histórico para o país, pois é o da estrea dun dominio propio na rede, dun identificador de país en Internet, e a CTNL quixo celebralo sendo unha das entidades pioneiras en utilizalo.

A partir de agora xa se pode acceder ao web municipal a través do enderezo www.ctnl.gal.

No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de catro millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global no que se ten transformado o mundo.

O .gal é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais, etc. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas que se dirixan á sociedade galega. O dominio transmite marca de calidade galega, e, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscribe a un ámbito territorial pechado. Economicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal é un dominio de primeiro nivel en Internet, ao lado doutros como .com, .org, .es, .cat ou .eu.

En principio serán 93 as entidades que comezarán a utilizar este dominio, para estrealo e difundilo e, a partir do mes de setembro, calquera outra entidade, empresa, asociación, etc., que use o galego na rede e queira ter unha páxina web cun enderezo rematado en .gal xa poderá solicitalo.

Pódese obter máis información sobre o dominio .gal no web www.dominio.gal.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego