CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13612 votos
Votar | | | |


23-11-2013

Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego

Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego
Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da lingua no ámbito empresarial, entregoulle o seu II Premio á cadea San Luís. O fundador da empresa retoma o negocio despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día fora un referente no uso do galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta"


O xerente e fundador de San Luís nos anos 70, Lorenzo López, que recolleu o galardón nun acto que tivo lugar no Pazo da Cultura de Carballo este venres 22 de novembro, fai unha clara aposta pola lingua como elemento fundamental da identidade, o que el entende como parte imprescindíbel da marca da empresa.

O xurado de Abertos ao Galego valorou a importancia simbólica da aposta lingüística de San Luís, tanto polo sector ao que pertence como polo momento en que o antigo xerente retoma as tendas e a maneira en que decide reabrilas. Na súa anterior etapa, San Luís era unha das empresas líder do sector, o que serve para constatar algo que indican todos os estudos do mercado: o uso do galego é un aliado para o mundo socioeconómico.

Un proxecto para promover o galego no ámbito da empresa
Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten como obxectivo a dinamización do galego no mundo da empresa. Partindo dun certificado de calidade asociado ao uso da lingua de Galiza, desde Abertos ao Galego quérese promocionar a actividade das empresas que traballan (total ou parcialmente) en galego, ademais de fornecer argumentos á sociedade sobre a relevancia do uso do noso idioma por parte dos diversos tipos de empresas. Algunhas das iniciativas que ten desenvolvido Abertos ao Galego até o momento, ademais da creación do Premio, son o catálogo de Nadal (que este ano se está a preparar por terceira vez) ou presentacións comarcais, así como a creación dun boletín informativo sobre as empresas integrantes de Abertos ao Galego, que se envía periodicamente aos socios e socias e simpatizantes da Mesa pola Normalización Lingüística. Así, quérese estender a idea dun "consumo responsábel co noso idioma".

A primeira edición do premio, a de 2012, fóralle entregada á rede social Tuenti.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego