14-10-2013VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social
A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social
PROGRAMAVenres 8 de novembro9:00 - 9:30 Recepción de participantes e recollida de documentación
9:30 - 10:00 Acto de apertura
10:00 - 11:30 Conferencia inaugural: Contribución da educación social na normalización lingüística. Sofía Riveiro (CEESG), Duarte Crestar (Educador Social) e Xose Manuel Cid (UVigo)
11:45 - 14:00 Mesa de experiencias
-Unidades didácticas polo Día das Letras Galegas. Brais Fernandes (Xandobela)
-Galego para estranxeiros/as. Raúl Piñeiro
-Xogos do Mundo. María J. Caride (Solidariedade Internacional)
-Proxecto O Pendello. Bárbara Fernández (A Monte!) e Palmira Castro (mimadriña.com)
16:30 - 20:30 Obradoiros
-A regueifa: recursos para a normalización lingüística. Josiño da Teixeira
-Recursos TIC para a normalización lingüística na educación social. María José Fernández
Sábado 9 de novembro9:30 - 11:00 Bancos de recursos
-En Galicia, En Galego. Boas prácticas denormalización lingüística nas accións socioeducativas. Sofía Riveiro (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)
-Catálogo de materiais didácticos e recursos educativos elaborados polos concellos da provincia da Coruña. Denébola Álvarez (GI Stellae, USC)
11:30 - 14:00 Representación teatral: Montaxe da compañía Farrapo
MATRÍCULA E RECOÑECEMENTOA USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (14 horas), a todas aquelas persoas matriculadas que asistan ao 80% das horas das Xornadas “Educación e linguas en Galicia”. Haberá control de asistencia.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 4 de novembro de 2013 a través da
Secretaría Virtual. Se tiveres algún problema na xestión da matrícula ponte en contacto co
Centro de Atención a Usuarios, na extensión 55555 da USC (horario de 8 a 22 horas) ou a través do formulario de incidencias, mediante o cal se procesan inmediatamente as 24 horas do día.
Ás persoas inscritas enviaraselles un correo electrónico o día 5 de novembro para lles comunicar se están matriculados ou en lista de agarda.
O número máximo é de 200 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. O número mínimo para celebrar as xornadas é de 40.
Prezo: 10 euros
Máis información no web da USC >